24 de mar. de 2026

Día da Poesía

Onte, día 23 de marzo, celebramos no cole, xunto cos nosos padriños e madriñas lectoras de 6º de primaria, o día da poesía. Intercambiamos, entre as dúas claases, flores e poemas. Os de sexto recitáronnos poemas moi bonitos e agasallaronnos cunha flor. Nós tamén lles regalamos uns tulipáns feitos a man e recitámoslles un poema moi bonito ao coro. Un poema e unha flor... hai algo mellor para comezar ou rematar o día? Encántanos estar cos de sexto?




16 de mar. de 2026

Educación vial na clase de E.F.

 Convertémonos en condutores por un día na aula de 2°.





12 de mar. de 2026

Alemaña

 A clase de segundo tivo o pracer de recibir á familia de Amalia para seguir aprendendo sobre os países. Neste caso foi o turno de Alemaña.

Moitísimas grazas por todo!

11 de mar. de 2026

Obradoiro de matemáticas para as familias

 

O MARTES AS FAMILIAS ANIMÁRONSE A PARTICIPAR NUN OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS. EXPERIMENTAMOS CON REGRETAS E OUTROS RECURSOS QUE PERMITEN ENTENDER AS MATEMÁTICAS EMPREGANDO ALGORITMOS ABERTOS.




10 de mar. de 2026

Día da árbore

O pasado martes, a clase de 2º de primaria saíu de excursión ata os montes de Meira, concretamente fomos ata a Torre de Meira para particiar das xornadas do día da árbore. 

Foi fantástico porque puidemos plantar diferentes árbores, mirar insectos e bechiños, coñecer aos axentes forestais que coidan da nosa contorna, empregar a mangueira dos Bombeiros forestais! e desfrutar da actuación de Peter Punk.


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas