24 de xuño de 2013

21 de xuño de 2013

Que ben o pasamos en 1º!

Aquí tedes un resumo do que fixemos. Canto aprendemos!
Así despedímonos ata o vindeiro curso. Bicos a mares!

18 de xuño de 2013

O xogo dos nomes!

En Educación Física estivemos traballando a Competencia Emocional a través do xogo. Houbo un que gustou moito aos nenos e nenas de primeiro e consistía en intercambiarse un papel mentres sona a música e, cando esta para, abren o papel que teñen na man e len o nome da persoa a que teñen que darlle unha aperta, un bico...



En Educación Física reciclamos!

O alumnado de primeiro estivo estes días traballando con material de reciclaxe nas clases de E.F. Buscarlle outro uso diferente ás latas de refresco gustou moito.

A nosa estación preferida

Os nenos e nenas de 1º fixeron uns debuxos preciosos sobre a súa estación do ano preferida. Ademais, eles mesmos nos explican por que a elexiron.


 

14 de xuño de 2013

O dragón Pepe

Rocío e Borja de 1º cóntannos un conto inventado por eles. 
Esperamos que vos guste!!!



13 de xuño de 2013

Ler xuntos.

Hoxe os nenos e nenas de sexto volveron á clase de segundo a lernos contos na hora de ler. Gustounos moito!:

Carta aos nenos e nenas de 2º curso do CEIP Condesa de Fenosa

12 de xuño de 2013

9 de xuño de 2013

Excursión á Illa de San Simón

Que ben o pasamos no noso día pirata!!!

8 de xuño de 2013

"Moncho e a mancha" e "O león mariño"

Ese é o título do conto que representaros os nenos e nenas de primeiro no Festival das Letras Galegas.Saiulles moi ben, son uns grandes contacontos!:

Despois do conto, tamén bailaron "O león marino", unha canción que compuxo Susa Herrera para o seu libro "En Cabárceno se oye cantar"

Os antollos das margaridas

Os nenos e nenas de 2º representaron a obra de Fina Casalderrey "Os antollos da margarida" no Festival das Letras Galegas. E fixéronno moi ben!:

7 de xuño de 2013

Uxía e o seu pai

Uxía e axudoulle ao seu pai a contarlle como é o seu traballo aos nenos e nenas de segundo. Foi moi interesante! Agora sabemos que a froita que mais se consume é a mazá, e despois o plátano.
Hai que comer moita froita!

Nerea quere ser policía

E por iso escolleu esa profesión para dar a súa charla sobre as profesións. E que ven o fixo!:

Hugo e os seus vermes



Hugo ten uns vermes de seda. 
Despois de observalos e investigar sobre eles, preparou unha ficha e quixo contarnos as cousas que descubriu:


Esta é  a súa ficha:

.Esta é parte da súa exposición:

Lara, Vero e as enfermeiras

Lara e a súa nai, Vero, contáronnos xuntas como é a profesión de enfermeira. Aprendemos a diferencialas polas cores da súa roupa, e como é o seu traballo.
Tamén trouxo un estetoscopio, que serve para sentir os latidos do corazón, e un esfigmomanómetro, que serva para medir a presión arterial.
Despois, todos quiseron probar a buscarse o corazón co estetoscopio.


Recibimos carta

Hoxe volvemos recibir carta dos nenos e nenas de 2º A do CEIP Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras. Nos contan cousas da súa horta, a mascota da biblioteca, a Olimpiada do saber,..e un montón de cousas mais.
Entramos na súa web para ver como traballan no horto, e tamén un libdup que fixeron, e no que participou todo o colexio. Gustounos moito, moito, e estivemos moi atentos/as.
Aquí estamos mirando o vídeo:





E aquí está o vídeo:

Carta a sexto de Primaria

No Festival das Letras Galegas, o alumnado de sexto leu a súa carta de despedida ao colexio de Quintela.
Os nenos e nenas de 2º curso sentíron que tiñan que corresponderlles, e Mar preparou unha carta de despedida, que firmamos todos/as.
Logo fomos lerlla á clase de sexto. Deunos un pouco de vergoña, pero a eles gustóulles moito.

A táboa do dous

Dende o cole de Cea chéganos esta maneira de repasar a táboa do dous. Non a perdades, imos aprendela xuntos:

http://m.soundcloud.com/ticscea/a-t-boa-do-6-nenas-e-nenos-de

3 de xuño de 2013

Os nenos e nenas de 1º respondemos a Paco

Este curso Paco quixo saber cousas sobre o mar. Os nenos e nenas de 1º tivemos que buscar información sobre os tipos de barcos. Aquí tedes algunhas fotos sobre os nosos traballos.



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas