Amosando publicacións coa etiqueta Recibimos a .... Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recibimos a .... Amosar todas as publicacións

10 de mar. de 2019

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

ESTE ANO, POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA RECIBIMOS NO COLEXIO A NOELIA PÉREZ, ENTRENADORA DE TAEKWONDO EN MOAÑA, QUE CO SEU CINTO NEGRO NOS DEIXOU A TODOS ABRAIADOS/AS COA DEMOSTRACIÓN QUE FIXO.
EXPLICOUNOS O SEU TRABALLO E COMO CHEGOU A CONSEGUILO, DÁNDOLLE IMPORTANCIA  A FORMARSE E ESTUDIAR DURO PARA CONSEGUIR NO FUTURO O TRABALLO QUE MÁIS NOS GUSTE.




10 de mar. de 2016

Día da muller traballadora

Onte a clase de 2º, xunto con máis compañeiros do colexio, fomos a biblioteca para celebrar o día da muller traballadora.
Alí estaba esperándonos Noelia Pérez, a mellor técnica de taekwondo de España 2015 e ademáis mamá e ama de casa.
Contounos moitas cousas, como é o seu día a día, todo o que estudou e cómo ten que seguir preparándose para aprender cousas novas.
Tamén nos dixo algo moi importante, nunca debemos deixar de loitar por conseguir os nosos obxectivos.
Gracias Noelia pola túa visita e pola demostración tan chula que fixeches.
 Nós queremos agasallarte con estes debuxos.

25 de feb. de 2014

Recitado de 6º de Infantil

O 25 de febreiro recibimos a visita da clase de 6º de Infantil porque nos querían recitar un poema de Rosalía de Castro.





HAS DE CANTAR,
QUE CHE HEI DE DAR ZONCHOS;
HAS DE CANTAR,
QUE CHE HEI DE DAR MOITOS.
HAS  DE CANTAR,
MENIÑA GAITEIRA,
HAS DE CANTAR,
QUE MORRO DE PENA.
CANTA, MENIÑA,
NA VEIRA DA FONTE;
CANTA, DAREICHE
BOLIÑOS DO POTE.
CANTA, MENIÑA,
CON BRANDO COMPÁS,
DAREICHE UNHA PROIA
DA PEDRA DO LAR.
PAPIÑAS CON LEITE
TAMÉN CHE DAREI;
SOPIÑAS CON VIÑO,
TORREXAS CON MEL.
PATACAS ASADAS
CON SAL E VINAGRE,
QUE SABEN A NOCES,
¡QUE RICAS QUE SABEN!
¡QUE FEIRA, RAPAZA,
SI CANTAS, FAREMOS…!
FESTIÑA POR FÓRA,
FESTIÑA POR DENTRO.

            ( ROSALÍA DE CASTRO: CANTARES GALLEGOS )



29 de nov. de 2013

En 1º recibimos unha visita

O venres, 15 de novembro, tivemos unha sorpresa: visitounos Iroko, a nosa compañeira de Infantil que marchou para  outro colexio. Démonos moitos bicos e ademais non houbo que presentarlle os compañeiros e compañeiras novos porque xa se coñecían. Pasamos un bo rato con ela durante o recreo e a hora de ler, ata que a súa nai a veu buscar. Invitámola a vir outra vez.





 

27 de abr. de 2012

A mamá de Mar veunos contar un conto

E que atentos estivemos!!! Gustounos moito o conto do dragón que vai a escola:

20 de mar. de 2012

Maxia na biblioteca

Hoxe tivemos na biblioteca a Manuel Solla, que nos ensinou a maxia dos contos...Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º disfrutaron moito.

19 de abr. de 2011

Contacontos para nós


Os nenos e nenas do 1º ciclo disfrutaron cos contos que lles contou Iago López:

1 de nov. de 2010

Biblioteca de aula

Na semana das bibliotecas escolares, preparamos a nosa biblioteca de aula para recibir a visita dos nenos e nenas das outras clases.
Recibimos aos golfiños, de 6º de Infantil e lémoslle un poema da lúa:



A Lúa
ten nomes
nas palmas
das mans.

Ten meles
e soles
nas ondas
nos sons.


A Lúa
pasota
non toma
limón.

Ten meles
e soles
nas ondas,
nos sons.

22 de dec. de 2009

Papá Noel

Hoxe foi un día moi especial.
Primeiro tomamos chocolate con churros, e logo veu Papá Noel.
Trouxo un xogo e un libro para cada clase.
Aquí está na clase de primeiro.


E aquí está na clase de segundo:
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas