O alumnado de segundo curso de educación primaria fálanos da primeira comida do día, o almorzo. Pero atención, que hai outra palabra para nomeala.
30 de nov. de 2020
29 de nov. de 2020
DIGICRAFT NO TEU COLE. XOGO DE PISTAS E MERGE CUBE EN 1º E 2º
Que entretidos estivemos solucionando unha serie de pistas que Diodi nos enviou para abrir o cadeado da maleta na que ven gardado todo o material co que estamos traballando en clase.
Tivemos que descubrir os catro números solucionando unha serie de retos (coordenadas nun mapa, unha adiviña, papiroflexia e un quebracabezas). Unha vez aberta a maleta, entre outras cousas, atopamos os Merge Cube, cos que estivemos xogando.
27 de nov. de 2020
Decímosvolo nós! O xantar
Nesta ocasión o alumnado de segundo fálanos sobre ese momento que pasamos ao redor da mesa ao mediodía.
Pasámolo xenial na radio, esperamos poder volver máis veces!
25 de nov. de 2020
Plantamos Xacintos
Este ano plantamos xacintos, cada un escolleu a cor que máis lle gustou. Agora só temos que agardar a que medren!
24 de nov. de 2020
Decímosvolo nós!
20 de nov. de 2020
DIGICRAFT NO TEU COLE. VISITAMOS UN MUSEO VIRTUAL EN 1º E 2º
Os nenos e nenas visitaron o museo Carmen Thyssen (Málaga) para buscar as cores perdidas dos cadros que lles demos. Tiñan que buscalos polos distintos espazos do museo e así, devolverlle a cor aos mesmos, pintándoos eles mesmos.
Estivo moi entretida esta actividade.
13 de nov. de 2020
DIGICRAFT NO TEU COLE. CONCEPTO DE NETIQUETA EN 1º E 2º
Nesta sesión, os nenos e nenas de 1º e 2º aprenderon sobre o concepto de netiqueta, que quere dicir, comportamentos e regras que temos que cumprir como usuarios de tecnoloxía.
Fixéronno a traves de distintos xogos.
Gustoulles moito!
10 de nov. de 2020
Visitamos a estación meteorolóxica
Esta semana, os nenos e as nenas de segundo fomos visitar a estación meteorolóxica.
Alí vimos o termómetro que se emprega para rexistrar as tempetaturas e máis o pluviómetro.
Aquí vos deixamos algunhas fotos.
6 de nov. de 2020
DIGICRAFT NO TEU COLE. VIDEOXOGO CON SCRATCH EN 1º E 2º
Os nenos e nenas de 1º e 2º xogaron a un xogo no cal tiñan que obter (cun moneco ou debuxo feito por eles e colocado no lapis) premios e esquivar un obstáculo (debuxado por eles) na aplicación Scratch.
Estivo moi entretido!
4 de nov. de 2020
3 de nov. de 2020
Meteoquintela en 1º
Todas as mañás, os nenos e as nenas de primeiro anotamos nas nosas axendas o estado do ceo.
Para facelo temos que fixarnos nas anotacións que fan os maiores.
Esta mañá visitamos a nosa estación meteorolóxica.
2 de nov. de 2020
REALIDADE AUMENTADA NA AULA DE 1° CO QUIVER
Os nenos e nenas de 1º fixeron maxia na súa aula. Pintaron uns debuxos de cabazas e, ao enfocalos coa aplicación Quiver, as cabazas proxectáronse en realidade aumentada e bailaron!
Gustoulles moitísimo!