Aquí vos deixamos un remuso do noso traballo "Coñece Moaña"
27 de xuño de 2017
Visitamos Arcade.
O xoves 15 de xuño pasamos unha xornada de convivencia en Arcade. Pasámolo xenial. Aquí vos deixamos as fotos da saída e as noticias que escribimos para contar esta saída.
20 de xuño de 2017
Un cómic con froita...
Na aula de 1º estivemos traballando a banda deseñada. Aproveitamos a semana da froita para usala como protagonistas.
Mirade que simpáticos nos quedaron!
16 de xuño de 2017
O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN POLO ALUMNADO DE 1º CURSO
Os nenos e nenas de 1º, fixeron unha peli coa aplicación TOONTASTIC para Ipad do conto "O can Rin e o lobo Crispín" de Carlos Casares para a exposición interactiva que fixemos no cole. Quedoulles chulísimo!!!
Mirade, mirade!!!!
10 de xuño de 2017
1º VISITA A EXPOSICIÓN INTERACTIVA
Como todos sabedes, este ano a exposición sobre Carlos Casares ten contidos en realidade aumentada. Para velos, temos que ter a aplicación Aurasma descargada nos nosos dispositivos móbiles.
O alumnado de primeiro, acompañado polos maiores do cole, estiveron vendo a exposición cos Ipad e gustoulles moito.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas