Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: A evolución dos seres humanos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: A evolución dos seres humanos. Amosar todas as publicacións

15 de mar. de 2013

O que aprendemos dos "Cavernícolas"

Na clase de segundo aprendemos moitas cousas da evolución dos seres humanos e dos "cavernícolas".  Agora estamos contandolle  aos outros cursos cousas da prehistoria, porque fixemos un mural con moita información. Aquí estamos contándolle o que sabemos aos nenos e nenas de 5º de Infantil ( as chicharras):

5 de mar. de 2013

Este é o que vos falta

O luns fomos á biblioteca a mirar o noso correo. Tiñamos unha mensaxe dos nenos e nenas de 6º de Infantil do EEI Barrionovo da Coruña:
Nel pedíannos axuda para averiguar cal é o home que lles falta na súa árbore da evolución.





A nosa resposta vai neste vídeo, pero tamén vos enviamos esta imaxe que fotografiamos do libro "A prehistoria" de Nicholas Harris, editorial Sm.

14 de feb. de 2013

Eles tamén investigan

Os nenos e nenas de 6º de Infantil do EEI Barrionovo están traballando nun proxecto sobre a Prehistoria. Imos entrar no seu blog, para ver que cousas aprenderon:

Descubrimos que eles tamén leron o libro "Un gorila para aprender" que tanto nos gustou a nós, ainda que nos parecía que os monos non estaban ordenados segundo a evolución.

6 de feb. de 2013

Os hamsters nos visitan de novo

Os nenos e nenas de 2º recibimos a visita da clase dos hamsters (6º de Infantil)
Viñan a preguntarnos como podían medir o tamaño dos seus pés. Mar propúxolles que miraran o nº que calzan para poder saber quenes teñen o pé mais grande, e quenes teñen o pé mais pequeno.
Logo eles deixararonos unha páxina do xornal , La voz de Galicia, na que traía unha noticia que pensaban que nos podía interesar:

4 de feb. de 2013

30 de xan. de 2013

A evolución dos seres humanos

Na clase de segundo estamos cun proxecto moi interesante.
Fixemos varias propostas, e  despois dunha votación, gañou a proposta de Hugo de estudar a evolución dos seres humanos.
Hugo explicou que quería saber como os monos chegaran a converterse en humanos.
Por eso andamos investigando, e xa aprendemos moitas cousas da evolución.
Agora estamos interesados en aprender cousas dos homes e mulleres que vivián nas cavernas.
Por eso imos poñer un vídeo para saber máis:



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas