26 de maio de 2022

PLANTAMOS AS LEITUGAS NA HORTA

  Un ano máis, o alumnado de 1º e 2º de primaria participou na plantación na horta escolar, dentro do programa Voz Natura. Plantaron as súas leitugas e agora toca regalas e esperar a que medren para recollelas.




20 de maio de 2022

1° e2° en Castrelos


Qué ben o pasamos en Castrelos e canto aprendimos no museo “Quiñones de León”!

Tamén puidemos ver os xardíns do pazo, o inglés e o francés, e pasear polo laberinto.

16 de maio de 2022

DigiCraft no teu cole. Tradutor en 1° de primaria

 

Na sesión de hoxe traballamos co tradutor. Tiñan que colorear uns obxectos pero estaban escritos en idiomas que non eran o español, polo que tivemos que utilizar a aplicación tradutor para descubrir o significado das palabras.

Foi moi interesante!



11 de maio de 2022

Escornabot e matemáticas en 2°

 Aprendemos a movernos pola táboa do 100 coñecendo veciños e amigos dos dintintos números aplicando o método ABN.




1° e a linguaxe de programación cos ratos robot

 

Os nenos e nenas  traballamos a linguaxe de programación cos ratos robot. Aprendemos a colocar as tarxetas correctamente para, a continuación, meter os movementos nos ratos e levalos ao seu destino.



6 de maio de 2022

Brais das Hortas


O mércores pasado visitounos Brais das Hortas, un papá deste cole que nos fixo disfrutar moito con todos os instrumentos musicais que trouxo.

Vimos instrumentos que non coñeciamos, doutros países, pero tamén recoñecimos outros que algúns tiñamos nas nosas casas. Incluso aprendimos como se pode facer un cun cubo e precinto!

Moitas grazas por todo, Brais

2 de maio de 2022

2° prantamos bulbos

Esta mañán, a clase de segundo, estivemos prantando bulbos debaixo das escaleiras . 

Cando medren quedará moi bonito.



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas