Qué emoción! o colexio a escuras e todas as cabazas iluminadas!
Coma sempre, a imaxinación estivo presente nas vosas creacións.
Moitas felicidades familias!
Qué emoción! o colexio a escuras e todas as cabazas iluminadas!
Coma sempre, a imaxinación estivo presente nas vosas creacións.
Moitas felicidades familias!
Nesta sesión, o alumnado traballou a realidade aumentada a través da aplicación Augmented Class. Pintaron debuxos sobre elementos vikingos e logo, ao cargalos na aplicación e enfocalos coa tableta, proxectábanse en 3D. Tamén xogaron dixitalmente a clasificar os distintos debuxos que plantexaba a aplicación nas carpetas correspondentes.
Gustoulles moito!
Nesta sesión, o alumnado estivo traballando co asistente de Google, que lles narraba un conto e eles, mediante frechas que eles recortaron e pegaron nuns paus, decidían os derroteiros polos que continuar a historia.
Estivo moi ben!
Este curso, o alumnado de 1º entra dentro do proxecto DigiCraft no teu cole, no que a Fundación Vodafone, en colaboración co AMTEGA, proporciona unha serie de materiais para que os nosos nenos e nenas mellores e sean competentes no ámbito dixital.
O proxecto consta de dúas partes, unha de realidade aumentada e videoxogos, e outra de intelixencia artificial e robótica. Traballamos cada semana na sesión Tic para alcanzar os obxectivos propostos.
A primeira sesión que fixemos foi sobrea realidade aumentada coa aplicación metaverse e o escaneo de códigos QR.
Encantoulles!!!!
Este curso, continuamos co proxecto DigiCraft que comezamos o curso anterior. Nesta sesión que fixemos na hora Tic's, traballamos as emocións cun xogo a través do código QR, no que entendemos o funcionamento dunha intelixencia artificial.