Primeiro ciclo en Quintela
1º e 2º de Primaria
6 de nov. de 2026
SAÍDA RIALDARCA
3 de nov. de 2026
GALAXIAS
30 de out. de 2026
SAMAÍN 2º
Hoxe o pasamos en grande vendo as nosas cabazas iluminadas. Grazas as familias que colaboraron!
29 de out. de 2026
XOGO MR. POTATO
Na clase de segundo divertímonos moito repasando o tema do corpo humano e a saúde.
Fixemos un xogo por equipos, no que cada equipo que acertara unha pregunta, podía poñerlle unha parte do corpo ao seu "Mr. Potato".
Pasámolo xenial!
28 de out. de 2026
COMEZAMOS O NOSO PROXECTO...
Polo Día das Bibliotecas Escolares vivimos un día moi especial na biblioteca de Quintela. Paco, a nosa mascota, preparounos unha sorpresa para dar comezo ao noso novo proxecto: "Cando chega a noite...".
Os nenos e nenas puideron gozar dun momento moi especial lendo contos á luz das lanternas, descubrindo que a biblioteca tamén pode ser un lugar máxico cando cae a noite.
Pasámolo xenial e gozamos moitísimo desta experiencia tan diferente e divertida!
E isto non fixo máis que comezar… Cantas aventuras nos agardan cando chega a noite!
26 de out. de 2026
DÍAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Polo Día das Bibliotecas Escolares, Paco, a nosa mascota, preparou a biblioteca para dar comezo ao noso novo proxecto: «De noite».
Neste vídeo podemos ver como quedou preparada a biblioteca para que, durante a xornada de hoxe, os nenos e nenas puidesen achegarse aos novos contos e descubrir todo o que agocha a noite.
E isto non fixo máis que comezar… A noite acaba de chegar a Quintela!
23 de out. de 2026
OBRADOIRO DE OUTUBRO
Esta semana fixemos o noso primeiro obradoiro todos xuntos. Xogamos aos legos, ao xadrez, a xogos de mesa... Ademais, deixamos voar a nosa imaxinación cunha actividade que se chama "garabatos creativos". Quedáronnos uns debuxos moi chulos!
16 de out. de 2026
APARATO RESPIRATORIO
15 de out. de 2026
Lago Castiñeiras
Este mércores 15 de outubro, a clase dos Lobos e das Lobas foi ouvear á contorna do Lago Castiñeiras.
Ademáis de pasar unha xornada de convivencia cos compañeiros e compañeiras de E.Infantil tamén vimos e aprendimos moitas cousas interensates:
Deixámosvos unhas fotiños:
![]() |
Unhas plantas moi interesantes. A primeira sabiamos que se chamaba toxo, pero aprendemos que a súa flor tamén ten nome: Chorima! A segunda imaxe é un froito que non soubemos identificar. |
![]() |
| Vimos moitos animais: patos, lesmas e ata un grupo de cabalos salvaxes! |
9 de out. de 2026
Visitamos a praza de abastos
Incluída no programa "Coñece Moaña", impulsado polo Concello, os nenos e nenas de 1º de primaria participaron na visita guiada pola asociación "Illa dos Ratos" á praza de abastos.
Foi xenial porque aprenderon moito, por exemplo:
-O peixe azul ten a aleta caudal en forma de frecha.
-O peixe branco ten a aleta recta.
-Os peixes planos son os que viven nos fondos mariños.
Tamén puidemos falar coas diferentes traballadoras da praza: peixeiras, carniceiras e froiteiras.
2 de out. de 2026
VAN GOGH
28 de set. de 2026
Iniciamos Primaria
10 de xuño de 2026
Coñece segundo
4 de xuño de 2026
VISITA A PRIMEIRO
Dentro das actuacións do Plan de Acollida para favorecer a transición do alumnado de 6.º de Educación Infantil a Educación Primaria, realizamos unha visita á aula de 1.º curso.
Durante a actividade, o alumnado de 1.º preparou unha exposición na que nos mostrou e explicou diferentes aspectos da súa aula e da súa dinámica diaria: o material que utilizan, a organización do estoxo, onde gardan as mochilas, a biblioteca de aula, os xogos, as libretas, a distribución e almacenamento dos materiais escolares e das pinturas, así como as rutinas diarias, a asemblea e o horario escolar.
Este intercambio resultou moi enriquecedor, xa que permitiu achegar información de primeira man e reducir posibles medos ou incertezas.
Posteriormente, aproveitando que a aula estaba libre, o alumnado puido explorar o espazo, interactuar cos diferentes materiais e xogar libremente nel, favorecendo así unha primeira toma de contacto co que será a súa futura aula e contribuíndo a unha adaptación máis segura e positiva á nova etapa educativa.
3 de xuño de 2026
Scratch JR
2 de xuño de 2026
27 de maio de 2026
As matemáticas e as bandeiras
23 de maio de 2026
XOGADE
Onte, as nenas e nenos de 1º e 2º estivemos nos coles de Reibón e Seara xogando, xunto con nenas e nenas doutros centros, a unha gran variedade de xogos. Pasámolo moi ben!
21 de maio de 2026
As macetas
13 de maio de 2026
Marcapáxinas 1º
O alumnado de primeiro fixemos un marcapáxinas empregando a cortadora láser.
Primero fixemos o dexeño nun papel, despois o pasamos á biblioteca da cortadora láser e, por último, a gravar!


.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)








