Amosando publicacións coa etiqueta Inicio de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inicio de curso. Amosar todas as publicacións

29 de out. de 2023

Estes somos nós

 Chegamos a Primaria cargados de soños, iniciando unha nova etapa importante na nosa escolaridade. Neste vídeo a clase das Formigas, de 1º de Primaria preséntase cos seus desexos e soños.

 

25 de set. de 2023

Comezamos Primaria

O grupo de primeiro comezou a súa andaina por Primaria.

 Comezamos contando un conto, Onde estás Caracol?. Unha historia sobre a amizade, de Susanna Isern e Leire Salaberria.

Contaremos moitos contos, para acercarnos á lectura e a escritura, e para encher de imaxes as nosas conversas. 










1 de out. de 2020

Benvida de 1º

 Ola familias, somos a clase de 1º.

Xa somos de primaria, que maiores!

Estamos aprendendo moitos hábitos de limpeza e a profe di que somos unha clase fantástica!

Esperamos ter un ano bonito e que vaia todo moi ben.

Tamén esperamos que vaia todo ben nas casas, depende de todos nós.

Un biquiño!!




27 de set. de 2017

Xa estamos en 2º!!!

Aos ollos dos maiores parece que hai nada que chegamos por primeira vez ao cole.
Para o grupo de segundo é unha gran conquista subir ao piso de arriba do cole e deixar de sentirse os máis pequenos de primaria. Estamos cheos de plans para este curso que comeza!!

16 de out. de 2016

Saúdos da clase de primeiro

Aqui estamos, a clase de primeiro. pronto compartiremos momentos da escola con todos vós.

30 de set. de 2016

A clase de segundo

Moaña, 30 de setembro de 2016

Queridas familias:

Este ano estamos estudando moito.
Esperamos que vos guste esta foto da nosa clase de segundo de primaria.
Ata pronto!

A Clase de Segundo




15 de set. de 2016

A clase de Primeiro

Os nenos e nenas de primeiro empezamos o curso cun conto. Foi "Crictor", de Tomi Ungerer. Crictor é.....unha serpe moi especial. Fixo as delicias de todos nós.

5 de out. de 2015

Primeiro visita a 6º de Infantil e 2º de primaria

Ola a todos e todas!
Aquí vos deixamos cunhas cantas fotos do inicio de curso e dos nosos recunchos. Tamén aparece a nosa dragona ou dragón, Chiquitina ou Chiquitín  (pois aínda non sabemos se é macho ou femia) na visita aos compis de 6º de Infantil e 2º de primaria.
Saúdos.








De oca a oca e tiro porque me toca



O equipo quebracabezas

Chiquitin/a visitando as Bolboretas de 5 anos


Chiquitin/a saudando os compis de 2º


Buscando mundo..

Investigando arañas


Que bonitos son os dragóns de mar!


22 de set. de 2015

Benvidos/as ao novo curso!!

Despois dun longo veraá voltamos ao cole cargados e cargadas de enerxía!!

Ademáis deixamos o ciclo Infantil para empezar na Primaria con moito ánimo e cun novo profe, Juan.

Esperamos aprender moitas cousas e pasalo moi ben!!

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos primeiros días.

Saúdos e ata pronto!!













Saúdo da clase de 2º

Ola familias, como estades?

Este curso xa estamos en segundo.

Cambiamos a unha clase  no piso de arriba, preciosa e chea de luz.

Empezamos con moita ilusión e moitas ganas de traballar.

As vacacións foron divertidas pero tamén é moi bonito voltar cos nosos compañeiros e compañeiras e gozar deste cole tan bonito que temos.

Moitos bicos e ata outro ratiño.

24 de set. de 2014

Saúdo de 2º

Ola Quintela! Por fin, saúdamos.

Somos a clase de 2º e queremos dicirvos que é xenial volver ao cole.
Coa foto veredes o que medramos.

Un saúdo



17 de set. de 2013

A chegada a 1º





As nenas e nenos de 1º fixemos unha foto para lembrar o inicio de curso e saudar a todo o colexio.

Ata pronto!

12 de set. de 2013

DE VOLTA AO COLE!!!

Empezamos o novo curso con moitas ganas! Temos unha clase nova, e... xa no piso de arriba! Hai moitas cousas diferentes na aula: xa non hai alfombra, as mesas son individuais... Pero outras moitas seguen igual: traballamos por equipos, xogamos e aprendemos xuntos... O primeiro día lemos un conto moi divertido que xa case aprendemos de memoria.
Mirade que maiores somos! Nesta foto estamos con Alberto, 
que será o noso titor mentres Gloria non volte ao cole.
Pasámolo moi ben xuntos!

18 de set. de 2012

Somos os nenos e nenas de segundo

Ola a todos e todas!

Aquí estamos os nenos e nenas de segundo.
Pronto nos veredes! E que estamos moi atarefados, porque somos moi maiores!!!

Somos os nenos e nenas de primeiro



Así nos debuxamos os nenos e nenas de primeiro

26 de set. de 2011

Estamos no andar superior!


Este curso, os nenos e nenas de 2º xa somos maiores. Estamos no andar superior do colexio!!!!!! Desde a nosa aula, queremos dar un saúdo a todos os nosos compañeiros e compañeiras.  


BO INICIO DE CURSO!

21 de set. de 2011

Estamos en primeiro!

Ola a todos e todas: Somos os nenos e nenas de 1º de Primaria. Na clase somos 15 . Estos días estamos moi ocupados facendo carteis, e aprendendo cousas novas. O primeiro día estabamos moi nerviosos, e tiñamos moita fame. As 10 xa queríamos merendar! Queredes ver unhas fotos?




As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas