21 de dec. de 2021

VISITA DOS REIS MAGOS

 Hoxe visitáronnos os Reis Magos! Cantámoslles as nosas panxoliñas e eles trouxéronnos agasallos e déronnos caramelos. Aquí podedes ver o ben que nos saíu a actuación!








Poema de Nadal

 A clase de 1º quere desexarvos un bo Nadal, 

un Nadal deses que fan que lembredes que en vos tamén hai nenas e nenos, 

cunha luz no corazón como a que teñen os nenos e nenas de 1º...



20 de dec. de 2021

FELICITACIÓN DE NADAL EN QUINTELA

OS NENOS E NENAS DE QUINTELA DESEXÁMOSVOS UNHAS BOAS FESTAS E UNHA FELIZ ENTRADA NO 2022.

1 de dec. de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. VIDEOXOGO CON SCRATCH EN 1°

 

Nesta ocasión xogamos a un videoxogo creado con Scratch no que tiñamos que conseguir puntos e esquivar obstáculos pintados por nos na propia aplicación. Xogamos cunha marioneta que debuxamos nun papel e o pegamos nun lápis para poder xogar. Encantounos!!!!



DIGICRAFT NO TEU COLE. ORGANIZACIÓN DE ARQUIVOS EN 1°

 

Nesta sesión, os nenos e nenas aprenderon que a información nos dispostivos dixitais se pode almacear de moitas maneiras diversas e que todas son válidas mentres atopemos o que estamos buscando. Fixémolo mediante tarxetas e tamén a través dun conto, no que axudamos a Diodi a atopar uns cargadores extraviados.



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas