15 de out. de 2026

Lago Castiñeiras

 Este mércores 15 de outubro, a clase dos Lobos e das Lobas foi ouvear á contorna do Lago Castiñeiras.

Ademáis de pasar unha xornada de convivencia cos compañeiros e compañeiras de E.Infantil tamén vimos e aprendimos moitas cousas interensates:

Deixámosvos unhas fotiños:

 Unhas plantas moi interesantes. A primeira sabiamos que se chamaba toxo, pero aprendemos que a súa flor tamén ten nome: Chorima!
A segunda imaxe é un froito que non soubemos identificar.

Observamos o proceso de aprertura destas pequenas flores lilas que cubrían o chan. A medida que pasaba a mañá, que o sol ía subindo no ceo, as flores ían abrindo os seus pétalos invitando ás abellas a facer o seu traballo.
 

Vimos moitos animais: patos, lesmas e ata un grupo de cabalos salvaxes!

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas