Como disfrutamos dos contos da man das familias, esta vez con Raquel.
Tróuxonos dous libros deliciosos, El abejoso e El cocodrilo que vino a cenar.
Moitas grazas Raquel!
Como disfrutamos dos contos da man das familias, esta vez con Raquel.
Tróuxonos dous libros deliciosos, El abejoso e El cocodrilo que vino a cenar.
Moitas grazas Raquel!
Un novo conto compartido polas familias. Jeny contounos A máscara de león , amósanos como empregar os sentimentos para relacionarnos.
No mes de abril a nosa hora do conto foi moi especial, ao contar coa visita das familias.
Olga tróuxonos un bonito libro sobre un segredo que nos encantou.
Na clase de 2º, aprendemos a coser. Cosemos en cartóns con debuxiños e buratos marcados, en grupos pequenos, de 5 ou 6 nenos e nenas. Así, resúltanos más doado. Primero, aprendemos a facer nós e a enfiar, e, logo, xa cosemos, que é o que más nos gusta. Finalmente, decoramos as nós as creacións. Mirade que fermosura!
Seguimos aprendendo moito nos distintos recantos que temos na biblio. Canto nos gusta entrar na aula virtual e facer actividades das distintas materias, pero non nos gustan menos os retos de Scratch e os xogos coas Osmo. O Concept Kids tamén nos ten moi entretidos.
No outono, plantamos landras en cartóns de leite. Medraron uns carballiños fermosos. Agora, trasplantámolos a macetas máis grandes, feitas coas garrafas de auga que pedimos ás familias. Coidaremos as nosas pequenas árbores ata o próximo curso, cando as levaremos ao monte para que medren e medren!