21 de nov. de 2011

Outono en Rialdarca


Nestes dias demos un paseo por Rialdarca.Vimos as hortas e os campos vestidos de outono,  visitamos o lavadeiro e o muiño e de paso recollemos follas para adornar as nosas aulas.

Día de acción de grazas con Eric



Eric ( o noso auxiliar de conversa) explicounos que o cuarto xoves de novembro celébrase o Día de Acción de Grazas no seu país, Estados Unidos.
Díxonos que hai moito tempo, cando os europeos chegaron a América (colonos), era inverno e pasaron moita fame. Entón os indios Wampanoag, lles proporcionaron alimentos como pavo, millo, e pombiñas de millo.
Cando os colonos tiveron a súa primeira colleita, decidiron compartir os seus alimentos cos indios, para agradecerlles a sua axuda.
O día de Accion de Grazas (Thanksgiving) e para lembrar esa data. Xuntase a familia e os amigos, e comen pavo.
Despois ensinounos a facer un pavo coa silueta da man, e xuntos aprendemos a decir "Feliz Día de Acción de Grazas" "pavo" e outras palabras. 

12 de nov. de 2011

O magosto en Quintela

O mes de novembro é o mes de S. Martiño e coma todos os anos "Polo S. Martiño, trompos ó camiño" e magosto no cole:


10 de nov. de 2011

Samain

 As cabazas están moi contentas porque poden disfrazarse, visitar o colexio de Quintela e  dende os corredores ver como os nenos e as nenas admiran os seus traxes e peiteados.Despois cando voltan as súas casas alumean pola noite e despídense ata o ano que ven....

8 de nov. de 2011

Que contentos estamos!!!

Este é o comentario que nos escribiu Darabuc, porque a profe contoulle que escollimos o seu conto "Sopa de nada" Conto do mes de Outubro

Chegou o outono

outono
View more presentations or Upload your own.

3 de nov. de 2011

O conto do mes, a poesía do mes



Os nenos e nenas de 1º de Primaria escolleron a mellor poesía do mes de outubro, e o mellor conto do mes. 
Para elixir o conto, fixemos unha votación.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas