24 de dec. de 2020

PANXOLIÑAS DO ALUMNADO DE 1º E 2º AOS REIS MAGOS

 Os Reis Magos viñeron  visitarnos o martes ao cole. Démoslle a nosa carta, cantámoslle unha panxoliña e eles trouxéronnos uns agasallos.







22 de dec. de 2020

Felicitación de Nadal de segundo


Os nenos e as nenas de segundo fixeron este fermoso traballo para desexarnos unhas felices festas. 
 

 

Felicitación de Nadal da clase de primeiro

A clase de primeiro dedícavos esta felicitación con moito agarimo  esperando que todos e todas teñamos un feliz Nadal


21 de dec. de 2020

Decímosvolo nós!

Hoxe presentámosvos a última edición do noso programa Decímosvolo nós! Chegou o momento de falar de todas esas cousas que empregamos a diario cando sentamos a comer. 
Veredes qué interesante!


17 de dec. de 2020

PLANTAMOS OS XACINTOS

Hoxe o alumnado de 1º de primaria plantos os bulbos dos xacintos. Agora toca regar, darlles moito cariño e esperar a que medren!!!

11 de dec. de 2020

Escornabot na aula de 1°


Os nenos e nenas de 1º estiveron estudando o corpo humano, en concreto, os ósos que forman o esqueleto.

Aprenderon moito e así o demostraron no xogo que fixemos cos escornabots, no que lle plantexamos unha cuestión, eles solucionaban levando o robot á resposta correcta e pegando o óso correspondente no esquema que tiñamos posto na parede. 

Estivo moi entretida a actividade. Gustoulles moito!


 

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas