19 de maio de 2016

O TEMPO QUE GUSTA AO ALUMNADO DE 1º CURSO

Os nenos e nenas de 1º fixemos un autoretrato e, sabedes que? Fixemos maxia!!! Mirade, mirade!



13 de maio de 2016

Seguimos coa PDI na aula de 1º

Hoxe tocoulle a outra metade da clase ir a aula TICS e facer actividades na Pizarra Dixital Iteractiva. Seguindo coas actividades da semana da froita ( medrando sans con froita) elixiron a froita que máis lle gustou de toda a que tomaron nestas semanas e colocáronna no lugar indicado. Foi moi divertido!


Poema de segundo curso

Mirade que ben recitan os nenos e nenas de segundo curso o poema de Manuel María:

11 de maio de 2016

A froita favorita na aula de 2º

Como xa sabedes, levamos tres semanas tomando froita de merenda na escola, dentro do proxecto Aliméntate ben- "Medrando sans con froita". O alumnado de 2º  curso, elixiu a froita que máis lle gustou e deulle vida coa súa propia voz. Mirade que ben lles quedaron.

 

O arco da vella de Manuel María

Este é o poema de Manuel María "O arco da vella", nas voces dos nenos e nenas de primeiro e cos arreglos musicais moi acaídos:



 

10 de maio de 2016

A PDI na aula de primeiro

Os nenos e nenas de primeiro pasámolo moi ben coa Pizarra Dixital Interactiva (PDI). Como nos gusta usar o dedo de rato!!!


9 de maio de 2016

2º curso e Meteoquintela

Bos días familias,
esta semana tócanos a nós achegarnos á estación meteorolóxica para a recollida de datos.
O mércores, xoves e venres iremos en grupos de cinco acompañados dun adulto.
Hoxe achegámonos todos para atender ás explicacións que nos deron dous compañeiros de 6º.
Puidemos ver como se recollen as temperaturas máxima, mínima, media; a cantidade de auga no pluviómetro; o orballo e o estado do ceo.
Tamén nos achegamos á entrada do colexio para apuntar os datos recollidos.

7 de maio de 2016

Educación vial en E.F.

Os nenos e nenas de 2° disfrutaron dun circuito no que había, entre moito material, unha sinalización de tráfico. Aprenderon sobre cómo circular correctamente!







6 de maio de 2016

As familias contan

Hoxe a clase de 2º tivo a sorte de ter a visita doutra mamá. Bea estivo con nós para contarnos o conto "Quen pode vencer o vento?" Trouxo un precioso dado feito por ela con todas as personaxes. Despois de escoitar a historia estivemos un rato xogando co dado. Moitas grazas por todo Bea!!

3 de maio de 2016

As familias contan

A semana pasada a clase de 2º recibimos a visita de Teruca.
Contounos un precioso conto titulado "Quen levou a Lúa?"
Tamén fixemos con ela marcapáxinas de lúas e soles.
Que bonito todo, moitas grazas Teruca!!

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas