31 de xan. de 2019
Poema da Paz
Para celebrar o Día da Paz as nenas e nenos de 1º preparamos un poema de Xosé Lois García que se titula "O neno e o Xabarín". Quixemos compartilo coa clase dos canciños e este é o resultado. Agardamos que vos guste moito.
30 de xan. de 2019
Stop motion pola paz
As crianzas de segundo curso pensamos unhas fermosas mensaxes de paz que decoramos coa técnica do stop motion.
Esperamos que vos gusten!
feito polo equipo guepardo
feito polo equipo guacamayo
Feito polo equipo galleta
feito polo equipo gominola unicornio pro
Feito por o equipo guitarra
21 de xan. de 2019
ESCORNABOT PARA APRENDER OS ÓSOS DO CORPRO HUMANO EN 1º CURSO
O alumnado de 1º curso estivo traballando sobre o esqueleto humano na aula. Para rematar co tema, fixemos unha actividade co escornabot.
Facendo click na palabra PLANTILLAS, accederedes a todo o material que empregamos, así como tamén á explicación de cómo xogar. Foi moi divertido e aprenderon moito.
Deixamos un video resumo do día do xogo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas