25 de mar. de 2021

A primavera- Decímoscho nós!

 Os nenos e as nenas de segundo volven ao estudio de radio para parolar un anaquiño e recordarnos que temos unhas fermosas palabras para falar deste tempo tan bonito que chega, a primavera!

Esperamos que vos guste!


24 de mar. de 2021

Saída da clase de 1º á praia do Con

 Ola, aquí vos deixamos unha pequena mostra da saída que fixemos a clase de 1º á praia do Con, coas profes Elisa e Inés.

Foi unha xornada fantástica na que puidemos disfrutar do xogo ao aire libre con toda a praia para nós.

De volta puidemos visitar a clínica veterinaria onde curaron ao gatiño que atopamos no colexio. Tamén nos atopamos coa mascota de Naima.

Pasámolo fenomenal!


15 de mar. de 2021

Decímoscgo nós! E despois do Entroido?

O tempo de Entroido xa pasou pero os nenos e as nenas de segundo aínda falan desta celebración tan especial para nós.
Estade atentos e atentas que empregan moitas palabras interesantes!

13 de mar. de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. TRADUTOR DE GOOGLE EN 1º E 2º

 


Os nenos e nenas de 1º e 2º descubriron o tradutor de Google como ferramenta para traducir palabras doutros idiomas ao español.
Buscaron o nome dos obxectos que tiñan recortados (aparecían noutros idiomas) para así poder pintalos da cor da que aparecía rodeada a palabra. Estivo xenial!


 

11 de mar. de 2021

Exposición "Mulleres pioneiras"

 

A clase de 1º visitamos hoxe, na biblioteca,  a exposición "Mulleres pioneiras"  realizada por todas as clases con  motivo da celebración do 8M.

Puidemos ver entre elas á nosa alcaldesa e a unha astronauta, científica, unha muller piloto, unha deportista, unha matemática, informática, escritoras e mulleres dedicadas á música.





8 de mar. de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. CONTAMOS HISTORIAS CO MERGE CUBE EN 1º E 2º

Os nenos e nenas tiveron que crear un conto introducindo escenarios, protagonistas, antagonistas, obxectos... que lles ían saíndo ao enfocar a tablet no Merge Cube.
Saíron historias moi interesantes...

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas