27 de abr. de 2022

1º e 2º aprendemos sobre as abella

 Onte, na biblioteca, as clases de 1º e 2º puidemos asistir a unha charla sobre as abellas.

Dani contounos moitas cousas interesantes sobre a súa vida na colmea e sobre o seu comportamento.

Tamén puidemos probar un pouco de mel e de polen. 

Moitas grazas, Dani  




25 de abr. de 2022

Celebración do "Día da Danza"

 Con motivo do "Día da Danza" o colexio faremos unha danza conxunta.

O venres pasado comezamos o ensaio.

Manolo ensinounos pasos chulísimos e estivemos encantadas e encantados de practicalos.



Celebración do "Día do Libro"

 Con motivo da celebración do "Día do Libro" o pasado venres puidemos ver unha obra titulada 

"Casa, casiña, casona" da compañía de teatro "Trompa de Trapo".

Foi unha representación realmente bonita que nos fixo disfrutar moito.








8 de abr. de 2022

Aprendemos conceptos básicos de programación en 2° de primaria

 Na clase de 2° estivemos xogando con diversos xogos, entre eles, varios sobre codificación, como o turttles, bits & bytes, Osmo coding.

Gustáronnos moito!




As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas