29 de out. de 2022

Samaín

 Mirade que cabazas tan chulas fixemos coa colaboración das nosas familias! A nosa exposición de cabazas é fermosísima e... dá moito meeeedo!






25 de out. de 2022

Programamos na aula de 2°

 Nestes primeiros días de Tic's, os nenos e nenas de 2º estivemos xogando coas Osmo e cos ratos robot, programando os movementos para avanzar polo espazo.

Canto nos gustan este tipo de actividades!



21 de out. de 2022

Os nenos e nenas de 1° xogan co rato robot

 Estos días en Tic's, os nenos e nenas de 1º estiveron descubrindo os ratos robot e xogando con eles. Traballamos a iniciación a linguaxe de programación dun xeito lúdico en pequenos grupos. Resultou moi atractiva para eles!



14 de out. de 2022

1º coñece a aplicación Quiver

 Os nenos e nenas de 1º estivemos coloreando uns debuxos para, unha vez rematados, proxectar en 3D coa aplicación Quiver nos Ipad. Gustounos moito e sabedes que? Xogamos con eles! 

13 de out. de 2022

Saída á exposición do mar.

Queridas familias:

Deixámosvos aquí un pequeno resumo da primeira saída de este ano, a visita á exposición do mar onde tantas cousas aprendemos. Foi interesantísima!


Esperamos poder repetir experiencias tan chulas coma esta.

10 de out. de 2022

Saúdo de primeiro

 Os nenos e as nenas de primeiro queremos saúdar este novo curso que comeza e a nova etapa que iniciamos na primaria.



Estamos moi felices e esperamos apreder moito!


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas