Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Viaxamos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Viaxamos. Amosar todas as publicacións

5 de xuño de 2020

1º Lévanos de viaxe.

Os destinos recomendados polo alumnado da clase de primeiro:
Pulsando enriba do símbolo máis, o símbolo da suma   , poderedes ver as recomendacións dos nenos e das nenas da clase de primeiro.

Se pulsades enriba da imaxe do traballo poderedes vela un chisco máis grande.

2º lévanos de viaxe

Aquí vos deixo os estupendos traballos que fixestes recomendando lugares de Galicia para visitar.

19 de maio de 2020

Levádenos de viaxe, 1º e 2º

Estamos desexando ir de viaxe e gozar ao aire libre de todos os rincóns singulares que ofrece Galicia.

Pronto poderemos saír da provincia e visitar os nosos lugares favoritos: dunas, castelos, ríos, furnas, faros, praias, bancos, montañas...

Convírtete en guía turístico por un día e fainos a túa recomendación sobre o teu rincón favorito de Galicia, para que vaiamos pasar o día. Estaremos felices coñecendo estupendos e novos lugares.

Debes elaborar un documento no que inclúas os seguintes datos:

  • Nome do lugar

  • Localización

  • Como chegar

  • Distancia de Moaña
  •  
  • Imaxe

  • Recomendado porque

  • Gústame porque


Aquí tedes un modelo feito por nós: Victoria e Gloria.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE A NOSA RECOMENDACIÓN!


25 de abr. de 2020

A Gran Muralla Chinesa e a Estatua da LIberdade

Velaquí un resumo dos vosos traballos de investigación sobre a Gran Muralla Chinesa e a Estatua da Liberdade. Traballáchedes moito e moi ben. Bravo!



Os continentes e os océanos

Estos son algúns dos vosos traballos sobre os continentes e os océanos.
Fixéstelo moi ben!




21 de abr. de 2020

Xeografía en 1º

Seguimos repasando Xeografía.

Esta semana investigaremos sobre os monumentos máis importantes do mundo.

Deberás buscar información sobre :
- A Gran Muralla China

1. No teu caderno, con letras bonitas e grandes,  anotarás a seguinte información:
  • Nome
  •  País onde se localiza
  •  Continente
  •  Curiosidades (unha ou dúas, sobre o tamaño,para que foi construída, materiais ou algunha anécdota).
2. Buscarás unha foto  e gardarala no teu ordenador. Se tés algún programa de edición de fotos (Paint, PicCollage,...) , podes escribir o nome  e enviala ao correo da titora, xunto coa foto do teu traballo no caderno.

14 de abr. de 2020

TAREFA 2º PRIMARIA: XEOGRAFÍA

Esta semana investigaremos sobre Xeografía.

Buscaredes información sobre os OCÉANOS do planeta.

Podesdes buscar aquí a información ou noutras páxinas :
National Geographic
Wikipedia



O que faredes será:
1. Buscades o nome dos NOMES DOS OCÉANOS e anotades os nomes.
2. Coa información que atopedes anotades os resultados na vosa libreta de sociais ou nun folio.


Os océanos do mundo son:
-
-
-
-
-
-

O océano máis grande é...

Se tedes algún programa de edición de fotos (Paint, PicCollage,...) e vos apetece podedes escribir os nomes dos océanos no mapa e enviala ao correo da titora:

segundoenquintela@gmail.com


Ánimo!!!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas