19 de maio de 2020

Levádenos de viaxe, 1º e 2º

Estamos desexando ir de viaxe e gozar ao aire libre de todos os rincóns singulares que ofrece Galicia.

Pronto poderemos saír da provincia e visitar os nosos lugares favoritos: dunas, castelos, ríos, furnas, faros, praias, bancos, montañas...

Convírtete en guía turístico por un día e fainos a túa recomendación sobre o teu rincón favorito de Galicia, para que vaiamos pasar o día. Estaremos felices coñecendo estupendos e novos lugares.

Debes elaborar un documento no que inclúas os seguintes datos:

  • Nome do lugar

  • Localización

  • Como chegar

  • Distancia de Moaña
  •  
  • Imaxe

  • Recomendado porque

  • Gústame porque


Aquí tedes un modelo feito por nós: Victoria e Gloria.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE A NOSA RECOMENDACIÓN!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas