23 de dec. de 2022

Panxoliña para os Reis Magos de 1° e 2°

 Que contentos quedaron os Reis Magos coas panxoliñas que lles cantaron e bailaron os nenos e nenas de 1º e 2º, os cales recibiron uns agasallos e caramelos.



22 de dec. de 2022

Postais Nadal de 1º e 2º de primaria

 Que fermosas tarxetas fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º coa aplicación Paint para desexarnos un Bo Nadal e unhas felices festas.


20 de dec. de 2022

1º visita a escola infantil do Con

 

Hoxe visitamos a Escola Infantil O Con. Os nenos e nenas que viñan de alí, emocionáronse visitando a súa anterior escola e presentando aos novos amigos e amigas de Quintela. Pasámolo moi ben! Cantamos para eles Tres reis en bicicleta, do libro Xa me tardan estes magos. Eles tamén cantaron para nós outra panxoliña, e despois cantamos xuntos.


19 de dec. de 2022

Festa de Nadal

Xa quedan poucos días para a festa de Nadal.

A clase de segundo elaborou estes orixinais carteis que anuncian o programa para o día 22 de decembro.

Quedaron fermosos!! Bo traballo!!





16 de dec. de 2022

Xornada de Sensibilización DOWN

 O pasado martes recibimos na escola aos representantes de  Xuntos, que traballa para a integración desde a Asociación DOWN de Pontevedra. Nesta xornada de sensibilización participamos nunha sesión de contacontos. Contáronnos o conto da cebra e o seu paraugas multicolor. Vaia sorpresa cando apareceu a cebra de verdade!

 Gustáronnos moito!

Moitas grazas Xuntos!



2º canta a súa panxoliña aos nenos e nenas da Galiña Azul

 

Visitamos  A galiña azul, a Escola Infantil que está ao lado do cole de Quintela. Foi moi emocionante, porque algúns nenos e nenas foran alí cando eran pequenos. Cantamos a panxoliña, A luz do Nadal, do libro Xa me tardan estes magos. O texto desta canción é de Antonio García Teijeiro. Despois de cantar, convidáronnos a unha merendiña

15 de dec. de 2022

Obradoiro de cociña na sesión de inglés

Hoxe, os nenos e nenas de 1° e 2° elaboraron as súas galletiñas do Nadal nun taller de cooking coa profe Noe. Tras varios días lendo e traballando o conto ‘The Gingerbread Man’ na clase de inglés, os nosos pequenos cociñeiros e cociñeiras puxéronse mans a obra para facer estas cookies tan famosas e típicas desta época do ano. Tende coidado na casa se facedes esta receita, os Gingerbread Man acostuman saír correndo en canto abrimos o forno. 

‘Run, run, as fast as you can. You can’t catch me, I am the Gingerbread Man.’









As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas