6 de nov. de 2026

SAÍDA RIALDARCA

Ola a tod@s!!
Esta semana, os nenos e nenas de primeiro ciclo fomos dar un paseo por Rialdarca. De camiño, recollemos elementos da natureza para facer unha manualidade que pronto veredes... 💭
Ademais, puidemos merendar todos xuntos e xogar un ratiño no parque!

3 de nov. de 2026

GALAXIAS

Ola a tod@s!!
Esta semana, os nenos e nenas de segundo, fixemos unha manualidade relacionada co proxecto do cole "Cando chega a noite".
Primeiro mesturamos nuns botes grandes auga cunha pouca de pintura. Logo, nun bote de cristal poñíamos algodón e lle botábamos enriba un pouco da mestura da pintura. Alternábamos con distintas cores ata que nos quedaron estas Galaxias tan bonitas.

30 de out. de 2026

SAMAÍN 2º

Ola a tod@s!!
Hoxe o pasamos en grande vendo as nosas cabazas iluminadas. Grazas as familias que colaboraron!

29 de out. de 2026

XOGO MR. POTATO

Ola a tod@s!!
Na clase de segundo divertímonos moito repasando o tema do corpo humano e a saúde. 
Fixemos un xogo por equipos, no que cada equipo que acertara unha pregunta, podía poñerlle unha parte do corpo ao seu "Mr. Potato".
Pasámolo xenial!

28 de out. de 2026

COMEZAMOS O NOSO PROXECTO...

 Polo Día das Bibliotecas Escolares vivimos un día moi especial na biblioteca de Quintela. Paco, a nosa mascota, preparounos unha sorpresa para dar comezo ao noso novo proxecto: "Cando chega a noite...".

Os nenos e nenas puideron gozar dun momento moi especial lendo contos á luz das lanternas, descubrindo que a biblioteca tamén pode ser un lugar máxico cando cae a noite. 

Pasámolo xenial e gozamos moitísimo desta experiencia tan diferente e divertida!

E isto non fixo máis que comezar… Cantas aventuras nos agardan cando chega a noite! 


26 de out. de 2026

DÍAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Polo Día das Bibliotecas Escolares, Paco, a nosa mascota, preparou a biblioteca para dar comezo ao noso novo proxecto: «De noite».

Neste vídeo podemos ver como quedou preparada a biblioteca para que, durante a xornada de hoxe, os nenos e nenas puidesen achegarse aos novos contos e descubrir todo o que agocha a noite.

E isto non fixo máis que comezar… A noite acaba de chegar a Quintela! 


23 de out. de 2026

OBRADOIRO DE OUTUBRO

Ola a tod@s!!
Esta semana fixemos o noso primeiro obradoiro todos xuntos. Xogamos aos legos, ao xadrez, a xogos de mesa... Ademais, deixamos voar a nosa imaxinación cunha actividade que se chama "garabatos creativos". Quedáronnos uns debuxos moi chulos! 

16 de out. de 2026

APARATO RESPIRATORIO

Ola a tod@s!!
Esta semana, os nenos e nenas de segundo, fixemos unha maqueta do aparato respiratorio. Desta forma aprendemos moito mellor o seu funcionamento 👌

15 de out. de 2026

Lago Castiñeiras

 Este mércores 15 de outubro, a clase dos Lobos e das Lobas foi ouvear á contorna do Lago Castiñeiras.

Ademáis de pasar unha xornada de convivencia cos compañeiros e compañeiras de E.Infantil tamén vimos e aprendimos moitas cousas interensates:

Deixámosvos unhas fotiños:

 Unhas plantas moi interesantes. A primeira sabiamos que se chamaba toxo, pero aprendemos que a súa flor tamén ten nome: Chorima!
A segunda imaxe é un froito que non soubemos identificar.

Observamos o proceso de aprertura destas pequenas flores lilas que cubrían o chan. A medida que pasaba a mañá, que o sol ía subindo no ceo, as flores ían abrindo os seus pétalos invitando ás abellas a facer o seu traballo.
 

Vimos moitos animais: patos, lesmas e ata un grupo de cabalos salvaxes!

 


9 de out. de 2026

Visitamos a praza de abastos

 Incluída no programa "Coñece Moaña", impulsado polo Concello, os nenos e nenas de 1º de primaria  participaron na visita guiada pola asociación "Illa dos Ratos" á praza de abastos.

Foi xenial porque aprenderon moito, por exemplo:

-O peixe azul ten a aleta caudal en forma de frecha.

-O peixe branco ten a aleta recta.

-Os peixes planos son os que viven nos fondos mariños.


Tamén puidemos falar coas diferentes traballadoras da praza: peixeiras, carniceiras e froiteiras.







2 de out. de 2026

VAN GOGH

Ola a tod@s!!
Os nenos e nenas de segundo comezamos co proxecto do cole "Cando chega a noite...". Nós decidimos traballalo a través da arte. 
O primeiro artista que nos inspirou foi Van Gogh, coa súa "Noite estrelada".
Primeiro, pintamos uns pratos imitando a noite. Despois, con las de cores, fomos facendo remuíños, como facía Van Gogh no seu cadro. Quedounos unha manualidade ben chula!



28 de set. de 2026

Iniciamos Primaria

O grupo de primeiro de primaria empezamos o curso con moita enerxía e ganas de facer cousas. Aquí un pequeno resumo:

Coñecemos e xogamos con regletas:                                        Contamos cousiñas:



    
Xogamos coas letras:                                                                        Lemos e creamos:




10 de xuño de 2026

Coñece segundo

O alumnado de segundo fixo un pequeno vídeo resumo contando como foi este curso, por se lle pode ser de interese aos compañeiros e compañeiras de primeiro, que pronto ocuparán o noso lugar.


4 de xuño de 2026

VISITA A PRIMEIRO

 Dentro das actuacións do Plan de Acollida para favorecer a transición do alumnado de 6.º de Educación Infantil a Educación Primaria, realizamos unha visita á aula de 1.º curso.

Durante a actividade, o alumnado de 1.º preparou unha exposición na que nos mostrou e explicou diferentes aspectos da súa aula e da súa dinámica diaria: o material que utilizan, a organización do estoxo, onde gardan as mochilas, a biblioteca de aula, os xogos, as libretas, a distribución e almacenamento dos materiais escolares e das pinturas, así como as rutinas diarias, a asemblea e o horario escolar.

Este intercambio resultou moi enriquecedor, xa que permitiu achegar información de primeira man e reducir posibles medos ou incertezas.

Posteriormente, aproveitando que a aula estaba libre, o alumnado puido explorar o espazo, interactuar cos diferentes materiais e xogar libremente nel, favorecendo así unha primeira toma de contacto co que será a súa futura aula e contribuíndo a unha adaptación máis segura e positiva á nova etapa educativa.





3 de xuño de 2026

Scratch JR

 O alumnado de segundo estivo investigando sobre algúns animais que viven en rexións específicas do mundo.
Ao rematar fixeron uns vídeos contándonos algunhas curiosidades sobre os mesmos.
Velaquí algúns.





2 de xuño de 2026

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

 

27 de maio de 2026

As matemáticas e as bandeiras

No cole aprendemos e xogamos! 
Despois de investigar e aprender sobre os continentes e diferentes países, tamén estivemos coloreando e construíndo bandeiras.
Despois calculamos canto valía cada unha delas. Foi moi divertido!








 

23 de maio de 2026

XOGADE

 Onte, as nenas e nenos de 1º e 2º estivemos nos coles de Reibón e Seara xogando, xunto con nenas e nenas doutros centros, a unha gran variedade de xogos. Pasámolo moi ben!

21 de maio de 2026

As macetas

Aos nenos e ás nenas de segundo encántalles plantar e coidar das súas plantiñas, tánto que ata traballaron para fabricarlles unhas macetas a medida, e iso foi moito traballo:
-Entraton na aula virtual.
-Entraron en Tinkercad.
-Pensaron e mediron cales debían ser as medidas.


 

13 de maio de 2026

Marcapáxinas 1º

 O alumnado de primeiro fixemos un marcapáxinas empregando a cortadora láser.

Primero fixemos o dexeño nun papel, despois o pasamos á biblioteca da cortadora láser e, por último, a gravar! 


















Separar para reciclar

Aínda que no cole temos clarísimo que para un mundo máis limpo e máis agradable o que debemos facer é reducir resíduos, tamén sabemos que, unha vez xenerados, debemos separar correctamente refugallos. 

28 de abr. de 2026

23 de abril. Día do Libro

Os padriños e madriñas lectores desfrutaron dunha lectura mutua, de contos teatralizados e de momentos moi especiais na biblioteca.

24 de abr. de 2026

Día do libro

Con motivo da celebración do Día do libro, estivemos na biblioteca cos nosos padriños e madriñas lectores desfrutando dun momento moi agradable.

 

22 de abr. de 2026

Entrega de premios e festa da froita

 Despois de moito tempo preparándonos por fin puidemos facer entrega dos premios do 1º Concurso de Cálculo!

Para celebralo tamén organizamos "A festa da Froita", foi moi divertido! 


Moitas grazas por participar!


SAÍDA AO MERCADO

 O alumnado de primeiro fixemos unha saída ao mercado na que puidemos coñecer diferentes tipos de peixes, verduras, froitas...

16 de abr. de 2026

Contadas en segundo

En segundo tivemos un par de visitas moi especiais. Tivemos o privilexio de escoitar uns contos chulísimos por man da mamá de Eric e de Daniela.




14 de abr. de 2026

Brasil

 A clase de segundo tivo unha visita moi especial, a mamá de Emanuela viu aprendernos cousas super interesantes de Brasil. Aprendemos moito!



8 de abr. de 2026

Os países e os xornais

 A clase de segundo está investigando sobre os países do mundo e descubriu que no xornal podemos atopar moitas noticias de diferentes países.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do traballo que fixeron: 



24 de mar. de 2026

Día da Poesía

Onte, día 23 de marzo, celebramos no cole, xunto cos nosos padriños e madriñas lectoras de 6º de primaria, o día da poesía. Intercambiamos, entre as dúas claases, flores e poemas. Os de sexto recitáronnos poemas moi bonitos e agasallaronnos cunha flor. Nós tamén lles regalamos uns tulipáns feitos a man e recitámoslles un poema moi bonito ao coro. Un poema e unha flor... hai algo mellor para comezar ou rematar o día? Encántanos estar cos de sexto?




23 de mar. de 2026

DÍA DA POESÍA


Hoxe celebramos no cole o día da poesía. Intercambiamos, cos nosos padriños e madriñas de 5º, flores e poemas. Foi un día xenial!






16 de mar. de 2026

Educación vial na clase de E.F.

 Convertémonos en condutores por un día na aula de 2°.





12 de mar. de 2026

Alemaña

 A clase de segundo tivo o pracer de recibir á familia de Amalia para seguir aprendendo sobre os países. Neste caso foi o turno de Alemaña.

Moitísimas grazas por todo!

11 de mar. de 2026

Obradoiro de matemáticas para as familias

 

O MARTES AS FAMILIAS ANIMÁRONSE A PARTICIPAR NUN OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS. EXPERIMENTAMOS CON REGRETAS E OUTROS RECURSOS QUE PERMITEN ENTENDER AS MATEMÁTICAS EMPREGANDO ALGORITMOS ABERTOS.




10 de mar. de 2026

Día da árbore

O pasado martes, a clase de 2º de primaria saíu de excursión ata os montes de Meira, concretamente fomos ata a Torre de Meira para particiar das xornadas do día da árbore. 

Foi fantástico porque puidemos plantar diferentes árbores, mirar insectos e bechiños, coñecer aos axentes forestais que coidan da nosa contorna, empregar a mangueira dos Bombeiros forestais! e desfrutar da actuación de Peter Punk.


26 de feb. de 2026

2° xogando ao xadrez

 Momentos de compartir… Os e as que sabemos ensinamos aos que non saben. Aprendemos a esperar, respetar…




22 de feb. de 2026

ENTERRO DA XOUBIÑA

Grazas a ANPA pola súa dedicación e implicación un ano máis nesta celebración, facendo posible unha xornada chea de alegría e convivencia. Grazas tamén a todas as familias pola súa participación. Entre todos e todas conseguimos crear momentos especiais que fortalecen a nosa comunidade educativa.


21 de feb. de 2026

Coplas de entroido

 Parabéns a todas e todos! Estupenda actuación!

20 de feb. de 2026

Obradoiro de disfraces

 O pasado venres, fixemos un obradoiro de disfraces na biblioteca. Un éxito total!

12 de feb. de 2026

A clase de 2º propón un reto ao resto de aulas...

 

Seredes capaces de dicirnos canto suma cada insecto dos que construímos?




1 de feb. de 2026

Día da Paz

 O día 30 de Xaneiro é o Día da Paz. No cole fixemos unha actividade na que cada persoa, cunha peza de puzle ofrecía e pedía axuda con algo. A continuación, buscaban aquela persoa coa que encaixar a súa peza. O alumnado de 6º de primaria cantou unha canción conmemorativa deste día acompañados á guitarra polo profe Txelu.

Foi moi emotivo.


27 de xan. de 2026

As mates para crear insectos

 Na clase de 2° estamos a aprender sobre insectos. As regletas e as matemáticas son quen de axudarnos nesta aprendizaxe. Mirade!





23 de xan. de 2026

A horta de 1º

Mirade que pementos, cenorias e tomates fixeron as nenas e nenos de 1º para decorar o cole.

21 de xan. de 2026

Apadriñamento lector

  O alumnado de 6º de Primaria participou nos apadriñamentos lectores cos compañeiros de 2º de Primaria. Nesta actividade, os maiores contan historias, axudan a ler e comparten tempo cos máis pequenos.

Os de 2º gozan das historias e os de 6º aprenden a motivar e apoiar aos compañeiros. É unha forma divertida de aprender, compartir e facer novas amizades a través da lectura.



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas