Dentro das actuacións do Plan de Acollida para favorecer a transición do alumnado de 6.º de Educación Infantil a Educación Primaria, realizamos unha visita á aula de 1.º curso.
Durante a actividade, o alumnado de 1.º preparou unha exposición na que nos mostrou e explicou diferentes aspectos da súa aula e da súa dinámica diaria: o material que utilizan, a organización do estoxo, onde gardan as mochilas, a biblioteca de aula, os xogos, as libretas, a distribución e almacenamento dos materiais escolares e das pinturas, así como as rutinas diarias, a asemblea e o horario escolar.
Este intercambio resultou moi enriquecedor, xa que permitiu achegar información de primeira man e reducir posibles medos ou incertezas.
Posteriormente, aproveitando que a aula estaba libre, o alumnado puido explorar o espazo, interactuar cos diferentes materiais e xogar libremente nel, favorecendo así unha primeira toma de contacto co que será a súa futura aula e contribuíndo a unha adaptación máis segura e positiva á nova etapa educativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios