Os salvaorellas para soster as máscaras están en proceso de creación! Logo de facer o seu diseño en Tinkercad e pasalo ao formato compatíbel coa impresora, aquí están... imprimíndose!!!
29 de out. de 2020
OS SALVAORELLAS DE 2°
27 de out. de 2020
2º CURSO COÑECE E EXPERIMENTA CO TINKERCAD
Os nenos e nenas de 2º de primaria están deseñando unhas cintas para soster as máscaras detrás da cabeza sen ter que poñelas nas orellas. Van imprimilas na impresora 3D da biblioteca pero, para poder facelo, teñen que aprender a manexar a aplicación TINKERCAD que nos permite a impresión 3D.
E así estamos, aprendendo rápido e contentos co que fan. Xa veredes que fermosas impresións fan!
25 de out. de 2020
DIGICRAFT NO TEU COLE. APRENDEMOS A ORGANIZAR ARQUIVOS NOS DISPOSITIVOS DIXITAIS EN 1º E 2º
Na sesión desta semana, o alumnado aprendeu que non existe un único modo de arquivar a información nos distintos dispositivos dos que dispoñemos para poder acceder a ela cando a precisemos, senón que existen diferentes xeitos de arquivar e todos son igual de válidos. Fixéronno a través dun xogo de cartas e un xogo dixital.
Estivo moi entretido!
19 de out. de 2020
DIGICRAFT NO TEU COLE. AUGMENTED CLASS EN 1º E 2º DE PRIMARIA
A sesión desta semana pasada estivo dedicada a traballar a realidade aumentada a través da aplicación Augmented Class, mediante unha serie de debuxos e xogo vikingos. Estivo moi ben.
8 de out. de 2020
DIGICRAFT NO TEU COLE. SPECTACULAR EN 1° E 2° DE PRIMARIA
DIGICRAFT NO TEU COLE. METAVERSE EN 1º E 2º DE PRIMARIA
Este curso, o alumnado de 1º e 2º entra a formar parte do Proxecto DigiCraft no teu cole, fomentado pola Consellería de Educación e a Fundación Vodafone España. No mesmo, traballan a mellora da competencia dixital con material diverso e tabletas.
Xa comezamos a traballar e resulta moi atractivo e motivante para os nenos e nenas.
Aquí tedes un resumo desta primeira sesión.
6 de out. de 2020
Sonia Delaunay
SONIA DELAUNAY
Era pintora e deseñadora.
Nació en Ucrania.
Chamábase Sarah pero despois cambiou de nome.
Su marido era pintor.
Usaban formas xeometricas e cores fortes.
Morreu en 1979.
Dibujaba muy bien.
Viajó mucho.
1 de out. de 2020
Benvida de 1º
Ola familias, somos a clase de 1º.
Xa somos de primaria, que maiores!
Estamos aprendendo moitos hábitos de limpeza e a profe di que somos unha clase fantástica!
Esperamos ter un ano bonito e que vaia todo moi ben.
Tamén esperamos que vaia todo ben nas casas, depende de todos nós.
Un biquiño!!