27 de out. de 2020

2º CURSO COÑECE E EXPERIMENTA CO TINKERCAD

 Os nenos e nenas de 2º de primaria están deseñando unhas cintas para soster as máscaras detrás da cabeza sen ter que poñelas nas orellas. Van imprimilas na impresora 3D da biblioteca pero, para poder facelo, teñen que aprender a manexar a aplicación TINKERCAD que nos permite a impresión 3D.

E así estamos, aprendendo rápido e contentos co que fan. Xa veredes que fermosas impresións fan!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas