29 de nov. de 2018

EDUCACIÓN VIAL EN 1º E 2º CURSO

Estes últimos días, en Educación Física, estivemos facendo circuítos de educación vial, para repasar os sinais básicos de circulación.


ADIVIÑAS DE OUTONO CO ESCORNABOT EN 1º E 2º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º curso aprenderon adiviñas relacionadas co outono e, aproveitando os escornabots, fixemos un xogo coas mesmas. Dividimos a clase en 
4 equipos e, cada dous equipos, un taboleiro no que aparecían as solucións ás adiviñas que cada equipo tiña en tarxetas que utilizaban para preguntar aos contrarios. Se acertaban a resposta levando o robot ao sitio correcto, conseguían un Pacopunto. Pasámolo moi ben!!!

Aquí podedes ver as dúas plantillas, as adiviñas, e a explicación detallada do xogo (facendo clik nas palabras plantillas, dúas, adiviñas e explicación).

Tamén deixamos a imaxe do Pacopunto e un vídeo resumo de como fixemos a actividade.





27 de nov. de 2018

Plantamos bulbos.

O alumnado de segundo plantou bulbos de narciso e xacinto.







19 de nov. de 2018

Coñecemos os ósos do noso corpo

A semana pasada recibimos a visita de Naiara, a nai de karla, que nos veu falar dos ósos do noso corpo. Naiara traballa nun centro médico e amosounos radiografías dos ósos e fómoslles poñendo o nome. 
Aprendemos unha chea de nomes que nos pareceron un pouco raros: clavícula, peroné... 
Moitas grazas Naiara por dedicarnos o teu tempo e por amosarnos cousas tan interesantes.



14 de nov. de 2018

Samaín en 2º

O 31 de outubro celebramos o samaín, a festividade celta na que se acollían as ánimas dos defuntos , Para celebralo e amedrentar aos veciños talábanse cabazas e iluminábanse con candeas, como fixemos nos!


Tamén podedes ver Aquí o resumo que feito polo alumnado de 5º curso.











Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración! 

13 de nov. de 2018

Madriñas e padriños de lectura

O alumnado de segundo recibiu os seus padriños e madriñas de lectura durante a hora de ler. Foi un pracer gozar da súa compaña.

Lara e Xián

André, Carla e Mar


Lara, Natalia e Claudia

Leire, Diogo e Uxía

Iker, David e Valentina


Noa, Paula e Ainara
Sabela, Daniela e Candela
Yoel, Mario e Dorian
Nerea, Mar e André
Andrés, Pablo e Erín

Poesía no día das Bibliotecas Escolares

O alumnado de segundo, co gallo do día das Bibliotecas Escolares, recitoulle unha fermosa poesía ao grupo de sexto de primaria.




Aproveitamos a ocasión para buscar un padriño ou madriña de lectura. Foi moi emocionante!

6 de nov. de 2018

Samaín en 1º


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas