28 de xan. de 2022

SORRISOS POLA PAZ

No día de hoxe o alumnado do cole tivo un divertido encontro coa ONG GALICLOWN.
Esta asociación reune unha gran variedade de artistas profesionais de Galicia (pallasos, magos, músicos...), que de xeito voluntario fan visitas aos hospitais para mellorar a estancia dos nenos e nenas hospitalizados.

DIGICRAFT NO TEU COLE. CONCEPTO DE NETIQUETA E USO CORRECTO DOS DISPOSITIVOS EN 2°

 Aprendemos sobre a linguaxe empregada correctamente cando estamos nas redes e tamén sobre o uso axeitado dos dispositivos cando traballamos con eles.



24 de xan. de 2022

DIGICRAFT NO TEU COLE. MINIXOGOS PARA TRABALLAR OCONCEPTO DE NETIQUETA E OUTROS EN 1º

A sesión de hoxe consistiu en facer diversos xogos nos que traballamos o uso correcto das tabletas, os virus que atacan aos dispositivos que temos e como afectan á información que temos gardada neles e tamén traballamos o concepto de netiqueta, de como se escribe correctamente cando enviamos mensaxes nos nosos dispositivos.

19 de xan. de 2022

DIGICRAFT NO TEU COLE. APRENDEMOS SOBRE OS DEREITOS DE USO DA INFORMACIÓN COAS SPHERO MINI EN 2º

 

Nesta ocasión, aprendemos sobre o tratamento da información e as licencias xogando coas Sphero Mini.

Estivo xenial!



14 de xan. de 2022

DIGICRAFT NO TEU COLE. ZOWI NA AULA DE 2°

Traballamos as matemáticas e a expresión corporal usando a zowi como un dado. Tocándolle na cabeza cun golpe suave, zowi dábanos un número co que avanzábamos no taboleiro logo de superar unha proba que nos pedía a tarxeta que levantavamos.
Pasámolo moi ben!

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas