Amosando publicacións coa etiqueta Competencia na expresión oral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia na expresión oral. Amosar todas as publicacións

4 de mar. de 2016

Escoitando a Rosalía de Castro



 Hoxe as nenas e nenos de 2º recibimos a visita dos compañeiros de 1º.

Viñeron para recitarnos un precioso poema musicado de Rosalía de Castro.

  Recitárono con acompañamento de guitarra e cantaron moi ben.

Gustounos moito. Ao final aproveitaron para cantarnos a súa canción dos meses.

25 de feb. de 2016

Recordando a Rosalía

Onte celebramos a Rosalía de Castro, unha figura moi importante para a literatura, sobre todo galega.
Os nenos e nenas de segundo baixamos á biblioteca  onde nos xuntamos con máis compañeiros do colexio.
Primeiro os máis pequenos  recitaron para nós.
Para rematar, a clase de terceiro e nós, recitamos unha parte do poema "Campanada de Bastabales"





11 de out. de 2015

2º investiga sobre os insectos

Naiara investigou sobre as xoaniñas e contounos que os seus ovos son de cor amarela.

Ademais de ser moi bonitas son moi útiles, pois aliméntanse dos pulgóns que estropean tanto as nosas plantas.

2º investiga os insectos

Iris trouxo á clase de segundo curso información sobre as formigas.

Poden ser de diferentes cores segundo a súa especie.

Coas súas antenas poden ulir e comunicarse e nun formiguero poden vivir varias raíñas, que son as encargadas de poñer os ovos.

Sabiades que as madíbulas das formigas son fortísimas?

9 de out. de 2015

2º investiga sobre os insectos

Aldara falounos sobre os grilos e as bolboretas.

Sabiades que os grilos que cantan son os machos para atraer as femias e que o fan frotando as ás?

Contounos moitas cousas máis, como que as ás das bolboretas están recubertas de escamas de moitas cores e as teñen cubertas por un po moi delicado.



2 de out. de 2015

Iván conta un conto aos seus compañeiros e compañeiras de 2º

O ratiño Pérez agasallou a Iván co conto " O Grúfalo" e el  estivo contándonolo na clase.


Que ben o fas, Iván!!

15 de xuño de 2015

Miña nai é fantástica

Aqui temos o vídeo cos textos do traballo de Educación Emocional en 1º "Miña nai é fantástica":

25 de mar. de 2015

2º recita un poema conto


Participamos nas actividades do mes da poesía aprendendo o conto popular rimado: 


" O piollo e a pulga "

Debaixo está unha gravación do poema.



17 de mar. de 2015

Eclipse solar

O venres 20 de marzo, data na que remata o inverno, teremos no noso ceo un fenómeno dos máis curiosos e excepcionais da astronomía: un eclipse solar total.
Desde a biblioteca queremos acompañar este día de ciencia cun pouco de poesía, xa que ambas datas coinciden esta ano. Aquí deixamos unha pequena recompilación de poemas onde o sol é o protagonista:

4 de feb. de 2015

1º RECITA NO DÍA DA PAZ

Os nenos e nenas de 1º prepararon un poema para recitar aos compañeiros do colexio no Día da Paz.

2 de feb. de 2015

Poema da Paz

En 2º aprendemos o poema " Só tres letras " da poeta Gloria Fuertes e recitámosllo a todas as clases nas que tiñamos irmás ou irmáns. A profe Katy gravounos e quedou así.

28 de xan. de 2015

1º DAMOS OS BOS DIAS CON PAZ

Hoxe a clase de primeiro visitamos aos nenos e nenas de 6º de infantil.
Recitámoslles un poema que xa coñeciamos de Gloria Sánchez titulado "Un soldado detrás dun fusil"


Tamén recitamos a segunda parte que foi unha poesía inventada por nós para falar co soldadiño.
 A poesía di así:

 Ven con nós soldadiño
 deixa as balas que fan tanto mal.
 Temos xogos divertidos...
 Queres con nós xogar?

30 de nov. de 2014

Como nacemos

Na clase de estudo de 2º, aprendemos como nacemos, qué comparten os papás e as mamás para teren fillos ou fillas, coñecemos distintos tipos de familias... Velaquí tedes o vídeo coa montaxe que fixemos coas nosas voces e debuxos. Esperamos que vos guste!

 

31 de mar. de 2014

Recitamos poesía

Os nenos e nenas de 2º recitamos unha poesía de Ana María Fernández aos compañeiros de 5º.

7 de mar. de 2014

Marzo, mes da poesía

Este mes somos poetas. Escoitade que fermosas rimas fixemos entre todos e todas sobre os meses do ano. Aproveitando un día de sol tan agradable, gravámola no patio!

25 de feb. de 2014

Recitado de 6º de Infantil

O 25 de febreiro recibimos a visita da clase de 6º de Infantil porque nos querían recitar un poema de Rosalía de Castro.





HAS DE CANTAR,
QUE CHE HEI DE DAR ZONCHOS;
HAS DE CANTAR,
QUE CHE HEI DE DAR MOITOS.
HAS  DE CANTAR,
MENIÑA GAITEIRA,
HAS DE CANTAR,
QUE MORRO DE PENA.
CANTA, MENIÑA,
NA VEIRA DA FONTE;
CANTA, DAREICHE
BOLIÑOS DO POTE.
CANTA, MENIÑA,
CON BRANDO COMPÁS,
DAREICHE UNHA PROIA
DA PEDRA DO LAR.
PAPIÑAS CON LEITE
TAMÉN CHE DAREI;
SOPIÑAS CON VIÑO,
TORREXAS CON MEL.
PATACAS ASADAS
CON SAL E VINAGRE,
QUE SABEN A NOCES,
¡QUE RICAS QUE SABEN!
¡QUE FEIRA, RAPAZA,
SI CANTAS, FAREMOS…!
FESTIÑA POR FÓRA,
FESTIÑA POR DENTRO.

            ( ROSALÍA DE CASTRO: CANTARES GALLEGOS )



14 de feb. de 2014

Visita de 3º

A clase de 3º tamén veu  recitarnos o seu poema sobre a paz.


O NENO E O XABARÍN
Xabarín, xabarín,
que fas no meu xardín?

Busco un brinquedo
neste lindo arboredo.

Xoguemos no arredor
a xabarín e cazador.



Eu non gosto da guerra.
Só quero paz nesta terra.

Xabarín, xabarín,
tocarás no meu violín?

Neste lugar de soidade
faremos a nosa amizade.

Xosé Lois García
A figueira lingoreteira.Ed. do Castro 

18 de xuño de 2013

A nosa estación preferida

Os nenos e nenas de 1º fixeron uns debuxos preciosos sobre a súa estación do ano preferida. Ademais, eles mesmos nos explican por que a elexiron.


 

14 de xuño de 2013

O dragón Pepe

Rocío e Borja de 1º cóntannos un conto inventado por eles. 
Esperamos que vos guste!!!



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas