21 de dec. de 2025
17 de dec. de 2025
Programación do último día de clase
Aquí temos os carteis coa programación das distintas actividades do venres 19 realizada polo alumnado de 3º de primaria.
Está todo moi ben explicadiño!
11 de dec. de 2025
21 de dec. de 2024
Panxoliña aos Reis Magos do alumnado de 1º e 2º
Que contentos quedaron os Reis Magos na visita que fixeron ao cole. O alumnado de 1º e 2º cantoulles unha fermosa panxoliña. Os Reis trouxéronlles unha morea de agasallos e tamén lles deron caramelos.
Moitas grazas Maxestades por vir visitarnos!

20 de dec. de 2024
18 de dec. de 2024
Saída de Nadal
Con motivo do Nadal, os nenos e as nenas de primeiro de primaria aprenderon unha fermosa paxoliña e foron compartila cos compañeiros e compañeiras do colexio do Con, aproveitando así a ocasión para dar un paseo pola vila.
Aquí vos deixamos unhas fotiños de resumo. Que mañá tan emocionante!
26 de dec. de 2023
24 de dec. de 2023
22 de dec. de 2023
Felicitación de Nadal
Visita dos Reis Magos
Os Reis Magos recibiron na biblioteca do cole aos nenos e nenas de Quintela
Aquí están os nenos e nenas de 1º cosa súas maxestades
E aquí, os nenos e nenas de 2º
Mirade que boa actuación fixeron os nenos e nenas de 1º cantando Tres Reis en bicicleta
E os nenos e nenas de 2º fixeronno fenomenal cantando A luz do Nadal, con letra do poeta Antonio García Teijeiro
21 de dec. de 2023
Felicitación Nadal 1º primaria
As nenas e nenos da clase de 1º desexámosvos unhas felices festas!
10 de dec. de 2023
Panxoliña de Nadal
Na clase de primeiro estamos preparando unha panxoliña para a festa de Nadal.
Esta semana iremos á Galiña Azul para cantarllela aos pequenos. Esta é a canción que estamos ensaiando, podedes aprendela en familia para as vosas festas de Nadal.
23 de dec. de 2022
Panxoliña para os Reis Magos de 1° e 2°
Que contentos quedaron os Reis Magos coas panxoliñas que lles cantaron e bailaron os nenos e nenas de 1º e 2º, os cales recibiron uns agasallos e caramelos.
22 de dec. de 2022
Postais Nadal de 1º e 2º de primaria
Que fermosas tarxetas fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º coa aplicación Paint para desexarnos un Bo Nadal e unhas felices festas.
20 de dec. de 2022
1º visita a escola infantil do Con
19 de dec. de 2022
Festa de Nadal
Xa quedan poucos días para a festa de Nadal.
A clase de segundo elaborou estes orixinais carteis que anuncian o programa para o día 22 de decembro.
Quedaron fermosos!! Bo traballo!!
16 de dec. de 2022
2º canta a súa panxoliña aos nenos e nenas da Galiña Azul
21 de dec. de 2021
VISITA DOS REIS MAGOS
Hoxe visitáronnos os Reis Magos! Cantámoslles as nosas panxoliñas e eles trouxéronnos agasallos e déronnos caramelos. Aquí podedes ver o ben que nos saíu a actuación!
Poema de Nadal
A clase de 1º quere desexarvos un bo Nadal,
un Nadal deses que fan que lembredes que en vos tamén hai nenas e nenos,
cunha luz no corazón como a que teñen os nenos e nenas de 1º...
















