29 de out. de 2023

Superpoderes, Concerto da Escola de Música

A Escola de Música de Moaña ofreceunos un marabilloso concerto para poñer en valor os poderes que cada un temos en nós. Coñecemos os instrumentos musicais e gozamos coa música destes fenomenais intérpretes.

Estes somos nós

 Chegamos a Primaria cargados de soños, iniciando unha nova etapa importante na nosa escolaridade. Neste vídeo a clase das Formigas, de 1º de Primaria preséntase cos seus desexos e soños.

 

18 de out. de 2023

Matemáticas, lingua e ciencias con Scratch Junior en 2º

 Os nenos e nenas de 2º estivemos aprendendo en ciencias sobre os gatos. Aplicamos o que investigamos creando unhas escenas no programa Scratch Junior, nas que creamos diálogos co contido traballado.

Fixémolo en pequenos grupos, uns traballabamos matemáticas cunha ficha de conteo e outros coas tabletas.






13 de out. de 2023

Andaina de outono

Este é o vídeo da andaina xunto ao río Rialdarca. Tamén fomos á Xunqueira e xogamos no parque. Aproveitamos e aprendemos algunha cousiña: recoñecemos árbores e algunhas plantas silvestres e diferenciamos especies autóctonas de invasoras. E, sobre todo, pasamos un tempiño agradable xuntos. Así da gusto comezar o curso e recibir o outono!   


Gozamos no recuncho Maker da biblio

 Cómo nos gusta este espazo da biblio. Os nenos e nenas de 2° tiñamos moitas ganas de usar as Osmo, os xogos de construción e algúns dos xogos de mesa que temos alí.


 

2 de out. de 2023

Xogos cooperativos en E.F.

 

Este curso, iniciamos as clases de E.F. dun xeito moi divertido e que nos gusta moito a todas e todos... xogando co paracaídas. Fixemos unha morea de xogos, cada cal máis divertido. Pasámolo moi ben!



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas