30 de maio de 2019

Adrián veu lernos un conto

Desta vez foi Adrián, o irmán de Pedro, quen nos veu ler  un conto que nos fixo pensar e reflexionar. O seu título é “La verdadera historia de los tres cerditos”.
Moitas grazas, compañeiro!




O amorodo









Medramos sans con froita

En segundo curso promocionamos o consumo de froitas e  hábitos saudables  mediante as novas tecnoloxías.


PIÑA   PIÑERA    
QUE CAÑERA 
MOLA UN MONTON


CUANDO COMO SANDÍA 
TOCO UNA  MELODÍA 





ADORO O AMORODO
POR  QUE  TEN DE TODO

28 de maio de 2019

Ana veunos ler un conto!

A irmá de David, que tamén é a nosa compañeira, Ana, veu lernos un conto. Este titulábase  "La vaca que leía libros", e gustounos moito.







Grazas, Ana!

27 de maio de 2019

As familias contan en 1º

Esta mañá visitáronnos Lorea e Mateo, a irmá de Nora e o irmán de Tomé.
Agasalláronnos con dúas fermosas historias moi ben contadas que nos encantaron.



24 de maio de 2019

Ancor toca o piano

A semana pasada, Ancor tocou para nós o teclado na aula de música. Encantounos!Grazas , Ancor!





15 de maio de 2019

As familias contan en 1º de primaria

Esta mañá recibimos na clase de 1º a visita de Denis (tío de Irene).
Contounos como foi o seu traballo na Antártida a bordo dun buque oceanográfico.
Amosounos unha presentación de diapositivas nas que puidemos ver os diferentes tipos de pingüíns, focas e paisaxes da Antártida.
Encantounos!!! Moitas grazas, Denis


13 de maio de 2019

A noite das mudanzas co ESCORNABOT

Na clase de 1º a nai de Aixa contounos un conto titulado "A noite das mudanzas".
 Posteriormente preparounos unhas actividades sobre o conto co ESCORNABOT.
Pasámolo moi ben!!!

 

As familias contan en 1º de primaria

Este luns contamos coa visita da nai de Alejandra que nos contou un conto titulado "El mago de Oz".
Gustounos moito porque falaba da amizade e da solución dos problemas.
Moitas grazas Leti por este fermoso conto!!

11 de maio de 2019

As familias contan en 1º de Primaria

Esta semana na clase de 1º recibimos máis familias que quixeron vir  contarnos contos.
A nai de Evelyn contounos "No abras este libro"
A nai de Asier, "Sopa verde" e "Teño ganas de..."

O Pai de Xiana, "Pulgarcito"
A Nai de Julen contounos tres contos. O que máis gustou foi "Leotolda"

A nai de Karla contounos: "El día que los crayones regresaron a casa" e "El niño que no quería ser azul" "La niña que no quería ser rosa"

Moitas grazas a todas as familias que compartiron con nós estas fermosas historias.

Rap de 1º

Na clase de 1º escollemos un poema de Antonio García Teijeiro e fixemos un rap.
 Este é o resultado. Esperamos que vos guste!!

9 de maio de 2019

2º canta a Antonio García Teijeiro

Os nenos e nenas de 2º E.P. cantaron unha canción con letra de Antonio García Teijeiro con música de Susa Herrera. Preparamos esta actuación nas sesións de música, con moita ilusión!


7 de maio de 2019

8 de marzo Día da muller traballadora

Polo día da muller traballadora visitounos Lola. Colaboradora do exitoso programa de televisión "Larpeiros". Aquí un resumo do noso traballo.
No caranvexornal desta semana poderedes ver a entrevista que lle fixo o alumnado de quinto curso. 





Receita do roscón que fixemos en Stop Motion:

Papel reciclado

Os nenos  e as nenas de segundo prepararon papel reciclado. Aquí poderes ver como  o fixeron:



5 de maio de 2019

As familias contan en 1º de primaria

Este venres a nai de Aixa veu  contarnos un conto titulado "A noite das mudanzas".
Resultou moi entretido e gustounos moito o agasallo que nos preparou Aixa.
Moitas grazas!!



1 de maio de 2019

As familias contan en 1º de primaria

Esta semana recibimos en 1º a visita de María (Nai de Aitana) que nos relatou dúas historias.
Gozamos moito escoitando o conto inventado por María e Aitana que lle chamamos "A caixa misteriosa" e tamén nos gustou moito "MAX e os superheroes". 
E, por suposto, o que escondía a caixa misteriosa ENCANTOUNOS!!!! 
Grazas María por estas historias tan maravillosas 



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas