29 de maio de 2018

Visitando a exposición Mª Victoria Moreno

A clase de segundo estivo visitando a exposición sobre Mª Victoria Moreno. É unha exposición interactiva, ademais de ler e ver os traballos de todo o alumnado do cole, precisamos as tablets para ver e escoitar os vídeos que a exposición ten enlazados.

15 de maio de 2018

DESCRICIÓN DA FROITA FAVORITA EN 2º CURSO

Os nenos e nenas de 2º elixiron a froita que máis lles gustou da que tomamos nas semanas da froita e fixeron un MORFOBOOTH no que a describen.


2 de maio de 2018

As familias contan en 2º

Silvia, a nai de Darío tróuxonos no mes de abril un conto moi divertido: "O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba" ilustrado por Miguel Anxo Prado e escrito por David Aceituno.
Encantounos!!


1 de maio de 2018

ESPETADA DE FROITA

Os gatiños de Infantil e os nenos e as nenas de 2º de primaria, fixeron xuntos unha espetada de froita. Puxéronlle  plátano, mazá, amorodo e mandarina. Estaban deliciosas!! Asi foi como traballaron: 
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas