23 de xuño de 2021

Saída á praia de Liméns

 Para rematar o curso, gozar do bo tempo o alumnado de primeiro curso, xunto co de primeiro, fixo unha saída á praia de Liméns.

Aprendemos a gozar da natureza, fixemos deporte e demostramos que cada día somos máis conscientes e capaces de coidar a natureza pois estivemos moi atentos e atentas a todo o lixo que había (e recollémolo!).

Velaquí un pequeno vídeo resumo da xornada:



22 de xuño de 2021

Remate do curso

 Os nenos e as nenas de segundo curso quixeron facer un último programa antes de marchar de vacacións e contarnos un pouquiño que cousas foron as que máis lles gustaron deste curso escolar e cales lles gustaron menos. 

Podedes escoitalos aquí:



Chegan as vacacións

 Hoxe é o noso último día de clase. 

O próximo ano xa estaremos en 2º!

Medramos todas e todos unha chea. Traballamos moito e aprendimos a convivir. Foi un ano moi bonito a pesar das dificultades.





Aínda que a chuvia non nos deixou facer a nosa última convivencia, pasámolo moi ben na anterior saída á praia de Liméns




Agora teremos tempo de tomar o sol, durmir, facer excursións, bañarnos, estar coas amigas e amigos, coa familia, xogar ás cabañas, mirar as estrelas ata tarde...e mil cousas máis




Non debemos esquecer que para poder disfrutar da natureza debemos coidala.

Felices vacacións!!





18 de xuño de 2021

Agora contamos nós

Velaquí outra remesa de contos para os compañeiros e compañeiras.

Moitísimas grazas por todo o que nos fixéchedes desfrutar!



16 de xuño de 2021

Agora contamos nós!



 Os nenos e as nenas de segundo seguen demostrando o moito que practicaron e o ben que len. Desta vez recitaron poesías e leron contos.


COIDAMOS A HORTA EN 2º

 A pesar de que xa recollemos as leitugas, os nenos e nenas de 2º baixamos a quitar malas herbas e tamén a regar as poucas leitugas que quedaron para que medren fermosas.




13 de xuño de 2021

Recollemos as leitugas

 Esta semana, o alumnado de primeiro e segundo de primaria, recolleu as súas leitugas. Algunhas eran rizadas e outras lisas, unhas verdes e outras moradas, pero todas tiñan moi boa pinta.






10 de xuño de 2021

Agora contamos nós

 O alumnado de segundo está dando o remate final a este ano tan fantástico escollendo e léndolle un conto aos seus compañeiros e compañeiras, unha marabilla!










Diego toca a trompa na clase de 1º

 Hoxe o noso profe Diego ensinounos como é e como sona a trompa. 

Puidemos escoitalo tocar.

Grazas profe, que chulo!





7 de xuño de 2021

As familias contan

 O venres tivemos unha visita moi especial, por unha banda porque nos encanta que nos conten contos, e por outra banda porque levaba moito tempo adiada.

Fran, o papá de Óscar, veu ao cole lernos Big Hero 6, unha historia cargada de valores e cunha trama complexa.


4 de xuño de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. XOGO DO MEMORY EN 1° E 2°

 Nesta sesión, os nenos e nenas pintaron unhas cartas, recortáronnas e xogamos ao xogo do memory con elas. Puxémolas todas cara abaixo e tiñan que levantar unha, poñela na pantalla, capturar a imaxe, levantar outra carta, poñela na pantalla e capturar a imaxe. O programa nos dicía si eran iguais ou non.

Estivo moi entretido.




As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas