31 de xan. de 2020

O homiño de papel en 2º

Na clase de 2º esta semana lemos o conto titulado "O homiño de Papel".
 Gustounos moito e aquí vos deixamos esta fermosa actividade.


28 de xan. de 2020

Carteis de 2º para a celebración da Paz

As nenas e nenos de 2º traballaron moi ben para elaborar estes carteis que nos anuncian os obradoiros que imos facer o Día da Paz. 
Moi bo traballo!





22 de xan. de 2020

Poesía da semana

A clase de primeiro aprendeu e adaptou u ha poesía titulada “A semana”. Esperamos que vos guste.


17 de xan. de 2020

DESEÑAMOS VIDEOXOGOS NA AULA DE 2°


Tanto nos gustou a aplicación DRAW YOUR GAME, que voltamos XOGADE con ela!






13 de xan. de 2020

ESCORNABOT EN 2º CURSO

O alumnado de 2º curso estivo repasando todo o que aprendeu sobre o Dragón de Komodo dun xeito moi lúdico, xogando cos escornabots. 
A actividade consistiu en dividir á clase en grupos e en contestar a unhas cuestións que se ían facendo uns a ourtros. O grupo que tiña que resolver a pregunta, poñíase dacordo na resposta e programaban o escornabot para levalo á casilla correspondente. Se a resposta era certa, o grupo conseguía un pacopunto.
O obxectivo foi afianzar o aprendido durante o primeiro trimestre sobre o Dragón de Komodo.
Deixamos un resumo da actividade así como as plantillas e adiviñas que empregamos no xogo.


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas