30 de abr. de 2020

ENGLISH CLASS


Matemáticas 2º de primaria

Bos días clase de 2º.
Hoxe é xoves e tócavos inglés.
Mañán é dia festivo e non vos poño tarefas de mate pero déixovos aquí un xogo de cálculo mental por se queredes practicar estes días.

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=suma10&l=es

E para as nenas e nenos que lles guste a papiroflexia, aquí quedan 2 vídeos
Pasádeo moi ben!

https://www.youtube.com/watch?v=6hDvrXpdX_w

https://www.youtube.com/watch?v=pb-Jqvt5DYk

29 de abr. de 2020

ACTIVIDADE ARTÍSTICA para 1º e 2º de PRIMARIA

Ola, bos días nenas e nenos!!
Hoxe mércores toca actividade artística, así que preparámonos!!! 
Aproveitando que o 15 de Abril foi o Día Mundial da ARTE, propóñovos un RETO ARTÍSTICO:
      Apetécevos imitar obras de arte dun pintor famoso?
Pois mans á obra:
Primeiro vouvos presentar ó Gran Pintor JOAN MIRÓ  a través deste vídeo.        
                                                    
Unha vez visto o video dispoñémonos a CREAR!!

  • Utilizando os deseños da seguinte plantilla teredes que: Debuxar e colorear as vosas propias persoaxes ou animais ó estilo JOAN MIRÓ!!
Lembrade pintalos con moita cor, xa que a JOAN MIRÓ gustábanlle as Cores Vivas. As súas preferidas eran: Vermella, Amarela, Azul, Verde, Laranxa, Negra e Branca.
Mirade algúns exemplos, e agora a CREAR OS VOSOS!!

Non esquezades de poñer moita creatividade e  imaxinación!!!!


Nota: poderedes ver máis das súas espectaculares obras clicando na seguinte imaxe


EDUCACIÓN FÍSICA

Bos días!!!

Propóñovos un xogo moi doado, que non precisa material e é moi divertido para todas as idades. Así que animade a toda a familia a xogar!
As ordes que van acompañadas da frase "Simón di...." teñen que ser executadas, todo o que se mande facer que non leve a frase "Simón di..." non se pode facer. Quen será capaz de facelo sen confundirse?

Preme na imaxe para ver un vídeo explicativo do xogo.


 Xogo Simón di....

28 de abr. de 2020

Ciencias Naturais para 1º e 2º de primaria

Bos días nenos e nenas!

Hoxe toca descubrir cousas interesantes sobre AS ABELLAS.
Imos empezar vendo estes vídeos:

https://www.youtube.com/watch?v=neDhVXPM07I

https://www.youtube.com/watch?v=HtTOF_dLbQ4

Actividades
  1. Despois de ver os vídeos, ides contarnos nunha ficha o que aprendestes sobre as abellas.
  2. Deberedes  escribir en galego. 
  3. Podedes utilizar letras  maiúsculas ou minúsculas.
  4. Podedes engadir máis información que teñades vós en libros,...
  5. Lembrade usar rotuladores ou bolígrafos para repasar o texto e os debuxos. Así veremos mellor o traballo cando o publiquemos.
  6. Enviade este traballo ao correo ao longo desta semana.
Deixámosvos aquí dous modelo de fichas que vos poden servir de orientación pero, o principal é botar man da vosa imaxinación e creatividade para facer o traballo.




27 de abr. de 2020

Parabéns

A Paco e a todas as mestras encantounos volvervos a ver. Estamos moi contentas co voso traballo:

Lengua Castellana 1º de Primaria

BOS DÍAS, CHICOS E CHICAS! 

EMPEZAMOS UNHA NOVA SEMANA, E ESTÁ CHEA DE NOVIDADES. IGUAL XA SAÍCHEDES DAR UN PASEO E DESFRUTAR DA NATUREZA. O TRABALLO DE HOXE TEN MOITO QUE VER CON ISO, XA VEREDES.

O PRIMEIRO SERÁ LER O CONTO DE AQUÍ ABAIXO. 
CANDO REMATEDES, CONTESTAREDES A UNHAS PREGUNTAS NO CADERNO (non hai que escribir as preguntas pero si respostas completas, por exemplo:

Leemos: -QUIÉN CONDUCE EL AUTOBÚS?
Escribimos: -MAISY CONDUCE EL AUTOBÚS.


 
-CUÁNTOS PERSONAJES SE SUBEN AL AUTOBÚS? 

-QUÉ RUIDO HACE? 

-SABES A DÓNDE VAN? 

-QUÉ LE PASÓ A GATITO NEGRO?

-SI TU FUESES DE DE VIAJE, QUE MEDIO DE TRASPORTE ELEGIRÍAS?

-CON QUIÉN TE GUSTARÍA IR? 

-A DÓNDE TE GUSTARÍA IR?

SI TE APETECE PUEDES HACER UN DIBUJO DE ESE VIAJE.

Lengua castellana 2º de primaria

Bos días nenas e nenos!
Dámosvos a benvida a esta nova semana na que xa podedes saír a dar un paseo.
Pasádeo moi ben!

Hoxe traballaremos no libro online de lengua castellana
Premede no enlace para acceder

http://edubook.vicensvives.com/es

O código de licencia é:
VSQBEZW7

1ª actividade:
Iremos ao tema 8: De viaje por España, páginas 118 e 119. Teremos que ler a historia "Descubriendo la cueva de Altamira".
Podedes ampliar a imaxe na lupa que aparece na marxe inferior esquerda.
Unha vez ampliadas as páxinas, se clicades no botón esquerdo do rato  podedes ir movendo as diferentes partes das páxinas.

2ª actividade:
Iremos ás páxinas 120 e 121.
Responderemos ás cuestións 1 y 2. Clicamos en mostrar estuche para facelas.
Non importa que a letra saia mal. Ide practicando.

3ª actividade:
Nun papel poñedes o voso nome e data e copiades e respondedes as preguntas sobre a lectura que vos deixo na captura de pantalla que vén a continuación.
Tamén podedes decorar esta tarefa con  debuxos de animais que apareceron pintados na cova de Altamira. Na páxina 119 da lectura aparecen algúns debuxos (por se queredes mirar).
Esta 3ª actividade tedes que enviala ao correo.


Se vos apetece podedes ver este vídeo para aprender a canción de  Los Lunnis de leyenda: La cueva de Altamira

https://www.youtube.com/watch?v=yeORln56rKE&list=PLkoFClbNd6NDkbFc8NIIwdPNKMninmhSY&index=3&t=0s

25 de abr. de 2020

A Gran Muralla Chinesa e a Estatua da LIberdade

Velaquí un resumo dos vosos traballos de investigación sobre a Gran Muralla Chinesa e a Estatua da Liberdade. Traballáchedes moito e moi ben. Bravo!



Os continentes e os océanos

Estos son algúns dos vosos traballos sobre os continentes e os océanos.
Fixéstelo moi ben!




24 de abr. de 2020

Aclaración actividades de matemáticas 2º primaria

Bos días familias!

Como xurdiron dúbidas sobre que había que facer  no libro de mate online, déixovos aquí as capturas de pantalla que ides atopar nas actividades que publiquei esta mañá.
Non tedes que facer os exercicios que aparecen nas páxinas.
Tedes que clicar nos vídeos e no icono do rato de ordenador para facer estes exercicios de repaso:






Matemáticas 2º de primaria

Bos días nenas e nenos!

Esta mañá traballaremos no libro de matemáticas online repasando contidos 

Este é o enlace para acceder.
http://edubook.vicensvives.com/es

O código de licencia é
 VSQAXXTQ

Premede no icono do rato do ordenador para facer as actividades.Despois seleccionade ou escribide os resultados co teclado do voso aparello electrónico. 
Tamén tedes que ver os vídeos para lembrar contidos. 

Traballaremos no tema 3: Medimos y pesamos.
Fixádevos nas páxinas das imaxes que veñen a continuación.
Son as que tedes que facer




Despois de ver os vídeos do peso e medida tedes que facer estas táboas nun folio e cubrir con obxectos das vosas casas. Utilizade regras e básculas de cociña para facer a actividade.
  1. Buscades  2 obxectos que pesen menos de 999 gramos.
  2. Buscades 2 obxectos que midan menos de 1 metro, é dicir que non midan máis de 100 centímetros
Aquí tedes o modelo das táboas:

Estas actividades non tedes que mandalas.


Aquí queda o reto de hoxe:
Precisades paus, mondadentes ou algo similar
Ánimo!






Matemáticas de 1º de Primaria

Esta semana faremos os exercicios da entrada de rato que aparecen na páxina 136 e 137.  
SON TRES EXERCICIOS PORQUE O PRIMERIO NON TEMOS QUE FACELO

Para o reto de hoxe precisaremos pauciños, mondadentes ou algo similar:

Tamén podedes practicar o cálculo mental cun xogo, A VER QUE RÁPIDOS E RÁPIDAS SODES!

Coñecedes o xogo do Simon

Tamén podedes xogar na vosa casa con xestos ou con palabras: Un de vós comeza decindo "TEÑO TANTA FAME QUE COMERÍA... UNHA MAZÁ!" o seguinte deberá repetir a mesma frase pero engadindo outro alimento, por exemplo "TEÑO TANTA FAME QUE COMERÍA UNHA MAZÁ E UNHA LARANXA", hai que CONTINUAR ENGADINDO ALIMENTOS ata que un de vós se trabuque. 

A pasalo ben!

23 de abr. de 2020

DÍA DO LIBRO EN 2º

Parabéns a todas as nenas e nenos polos fermosos vídeos que nos mandastes recomendándonos os vosos libros favoritos.
Queremos dar as grazas ás  familias pola súa importantísima colaboración nas tarefas. 
Aquí vos deixo a montaxe



Dia do libro en Primeiro

BOS DÍAS NENOS E NENAS!

QUE ALEGRÍA PODER VERVOS!

MOITAS GRAZAS POR ENSINARNOS ESES CONTOS TAN FERMOSOS, E MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POR ENVIARNOS OS VÍDEOS.


CLASE DE INGLÉS


22 de abr. de 2020

MÚSICA

Bos días, rapaces e rapazas. Aquí vos deixo algunhas actividades musicais. Que vos divirtades. Un saúdo.

- Distinguir sons curtos ou sons longos.

- Vídeo dun conto moi coñecido, “Pedro y el lobo”.

- Actividade interactiva sobre o conto (adiviña o instrumento que representa a cada personaxe premendo nel).

- E por último unha canción para alegrarnos e bailar un pouco.
https://www.youtube.com/watch?v=UDQLbRicvic&list=PL8t0gdIJ3P-gL9sybIkOlXdWVMQLnSi3G

UNHA SOPA DE LETRAS?

Animádevos a buscar as palabras ocultas... 
Facede click no enlace que hai máis abaixo, elixide a sopa que queredes facer e dádelle un click, logo pulsade en comezar e.... a buscar! Se facedes click na opción pistas, aparécenvos as palabras a atopar.

Sorte!


21 de abr. de 2020

Xeografía en 1º

Seguimos repasando Xeografía.

Esta semana investigaremos sobre os monumentos máis importantes do mundo.

Deberás buscar información sobre :
- A Gran Muralla China

1. No teu caderno, con letras bonitas e grandes,  anotarás a seguinte información:
  • Nome
  •  País onde se localiza
  •  Continente
  •  Curiosidades (unha ou dúas, sobre o tamaño,para que foi construída, materiais ou algunha anécdota).
2. Buscarás unha foto  e gardarala no teu ordenador. Se tés algún programa de edición de fotos (Paint, PicCollage,...) , podes escribir o nome  e enviala ao correo da titora, xunto coa foto do teu traballo no caderno.

Xeografía en 2º

Bos días clase de 2º

Seguimos repasando Xeografía.

Esta semana investigaremos sobre os monumentos máis importantes do mundo.

Deberedes buscar información sobre :
- A estatua da Liberdade

1. Nun folio, anotaredes a seguinte información:
  • País onde se localiza
  • Continente
  • Curiosidades (unha ou dúas, sobre o tamaño, para que foi construída, materiais ou algunha anécdota).
  • A información escribídea con letras bonitas e grandes. Se podedes, repasádeas con rotuladores.
2Buscade tamén unha foto para gardala no voso  ordenador. Se tedes algún programa de edición de fotos (Paint, PicCollage,...) , podedes escribir o nome  e enviala ao correo, xunto coa foto do voso traballo no folio.



20 de abr. de 2020

Dia do libro en 1º e 2º

Bos días clases de 1º e 2º
Esta semana , o   23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro.
Este curso temos que celebrar este día que tanto lle gusta a Paco desde as nosas casas, pero non imos deixar de facerlle chegar unha morea de contos, para que saiba que seguimos lendo moito e que botamos de menos ir á biblio. 

Na tarefa de hoxe Paco quere encomendarche que envíes un pequeno vídeo duns 15 segundos como máximo, recomendando un conto aos teus compañeiros e compañeiras do cole. Debedes mandalo entre hoxe luns e mañá martes, para que teñamos tempo de montar o vídeo para o Día do Libro.

Orientacións para facer a tarefa:
1.Debes escribir no teu caderno o que vas dicir, seguindo o guión que podes ver máis abaixo.
2.Despois terás que ensaiar, aprendendo de memoria a presentación.
3.Por último, a gravar!
4.Cando esteas satisfeito/a coa gravación, envíao ao correo, para compoñer un vídeo de toda a clase.
5.No vídeo podedes amosar o voso libro.
Saúdos de Paco!!

Exercicios para mellorar a fala

Aquí vos deixamos un vídeo de prácticas bucofonatorias que son exercicios para favorecer o ton muscular e a articulación cando falamos.








17 de abr. de 2020

Matemáticas 1º de Primaria

BOS DÍAS, CHICOS E CHICAS! 
SEI QUE ESTADES UN POUCO CANSAS, PERO ESTADELO FACENDO FENOMENAL!
XA É VENRES E TÓCANOS TRABALLA UN POUCO AS MATES!

PRIMEIRO VEREMOS UN VÍDEO RECORDATORIO DAS SUMAS E LOGO UNS EXERCICIOS (tema 7). SE TEDES PALILLOS NA CASA ENSINÁDELLES AOS MAIORES COMO O FACEMOS NO COLE:
VIDEO RECORDATORIO DA SUMA









AGORA UN VÍDEO REPASANDO O QUE NOS ENSINOU O CROCODILO A SEMANA PASA (tema 8):



SE AÍNDA TEDES ENERXÍA, DEIXOVOS UN RETO:
COLOCAMOS OS NÚMEROS DO 1 AO 9, NON SE PODE REPETIR NINGÚN. O RESULTADO DE SUMAR TODOS OS NÚMERO DE CADA COLUMNA OU DE CADA FILA TEN QUE SER 15. 
PODES EMPREGAR AS CARTAS DA BARALLA, COMO NO EXEMPLO, OU FACER TI AS TÚAS!  ÁNIMO!



Matemáticas 2º de primaria

Bos días clase de 2º
Xa estamos a venres e hoxe toca resolver algúns problemiñas.
Seguro que o facedes moi ben. 
Ánimo!

Podedes empezar vendo este vídeo para repasar as sumas. 
Clicade na imaxe.


https://www.youtube.com/watch?v=kyJ6I_6F5SA


Lede con atención para resolvelos.
Xa veredes que son moi fáciles.
Non é necesario que copiedes os enunciados. 
Unicamente escribide as respostas 
Esta tarefa gardádea vós, non tedes que enviala. 

Problema 1

Problema 2
Agora podedes probar a inventar algún problema de sumar. Fixádevos ben nos modelos que acabades de resolver. Os protagonistas podían ser os compañeiros e compañeiras de clase que non foron mencionados nos problemas anteriores.

Se vos apetece repasar algunhas cousas de mate durante a semana premede nesta imaxe


http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/SEGUNDO/datos/02_Mates/03_Recursos/02_t/actividades/numeros/02.htm

Para as afeccionadas e afeccionados aos retos, aquí queda este: 
Colocamos os números do 1 ao 9 sen repetir ningún. 
O resultado de sumar os números de cada columna e de cada fila debe ser 15. 
Podedes usar as cartas da baralla, coma no exemplo, ou o que vos queirades. 
Ánimo!






Practicando o sopro

A intensidade e control na capacidade de sopro é importante para mellorar na pronuncia das palabras. Neste vídeo  móstranos como utilizando material que temos na casa  podemos xogar e practicar o sopro en familia.







16 de abr. de 2020

CLASE DE INGLÉS







15 de abr. de 2020

ACTIVIDADE PLÁSTICA PARA 1º e 2º de PRIMARIA

Bos días nenas e nenos!!  Hoxe tamén toca unha actividade  artística e a proposta é a seguinte:
Como sabedes xa estamos na primavera!! Un pouco diferente á dos anos anteriores, pola situación que estamos vivindo, pero está nas vosas mans que  intentemos  darlle unha pouca de cor. E seguro que vós o conseguiredes, porque estades sendo uns superheroes!!!
Así que adeus ó abrigo, ás cores apagadas e OLA ás chaquetas finas e ás Cores  Vivas: rosas, verdes, laranxas…!
E tamén chegou a hora de decorar a casa,  para iso propóñovos que fagades algunha manualidade donde predomine a cor e os distintos motivos primaverais: flores, soles, bolboretas…
Deíxovos algúns exemplos, pero seguro que coa VOSA  IMAXINACIÓN  e CREATIVIDADE  sairán unhas decoracións fantásticas!!!



ÁNIMO E CREATIVIDADE E ILUSIÓN Ó 
MÁXIMO!!!






NOTA: Para próximos traballos poderiades gardar algún material de reciclaxe: rolos de papel hixiénico, de cociña, distintos tipos de caixas: galletas, cereais, botellas de plástico, tapóns.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas