Ola, bos días nenas e nenos!!
Hoxe mércores toca actividade artística, así que preparámonos!!! Aproveitando que o 15 de Abril foi o Día Mundial da ARTE, propóñovos un RETO ARTÍSTICO:
Apetécevos imitar obras de arte dun pintor famoso?
Pois mans á obra:
Primeiro vouvos presentar ó Gran Pintor JOAN MIRÓ a través deste vídeo.
Unha vez visto o video dispoñémonos a CREAR!!
- Utilizando os deseños da seguinte plantilla teredes que: Debuxar e colorear as vosas propias persoaxes ou animais ó estilo JOAN MIRÓ!!
Lembrade pintalos con moita cor, xa que a JOAN MIRÓ gustábanlle as Cores Vivas. As súas preferidas eran: Vermella, Amarela, Azul, Verde, Laranxa, Negra e Branca.
Mirade algúns exemplos, e agora a CREAR OS VOSOS!!
Non esquezades de poñer moita creatividade e imaxinación!!!!
Non esquezades de poñer moita creatividade e imaxinación!!!!
Nota: poderedes ver máis das súas espectaculares obras clicando na seguinte imaxe.


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios