23 de mar. de 2013
Mes da poesía en segundo
Este ano dedicamos o mes da poesía a Rosalía de Castro, porque hai 150 anos que se publicou "Cantares gallegos". Na clase de segundo aprendemos o poema "Pasa río, pasa río":
15 de mar. de 2013
O que aprendemos dos "Cavernícolas"
Na clase de segundo aprendemos moitas cousas da evolución dos seres humanos e dos "cavernícolas". Agora estamos contandolle aos outros cursos cousas da prehistoria, porque fixemos un mural con moita información. Aquí estamos contándolle o que sabemos aos nenos e nenas de 5º de Infantil ( as chicharras):
12 de mar. de 2013
Rimas de amor
Extraordinaria foi a participación das familias na convocatoria de rimas de amor para os seus fillos.
Unha vez máis agradecemos ás familias a colaboración que prestan nas nosas propostas e a boa disposición cara a lingua. Recibimos máis e cen rimas en galego dedicadas aos nosos alumnos e alumnas sin que a convocatoria mencionara expresamente este requisito. O Equipo de biblioteca e o de Dinamización Lingüística, valoran este feito moi positivamente e non poden deixar de felicitar a todas as familias por compartir palabras tan fermosas cos seus fillos. Aqui podemos ver algunhas das rimas:
Que facemos na biblioteca?
Cada semana imos á biblioteca. Collemos libros para levar para casa, contamos contos..., pero tamén aprendemos cousas dos libros: O título, o autor, a editorial,...(que é o máis difícil de buscar), e logo escribimos a nosa opinión sobre os libros. Mirade que maiores somos. Estamos cubrindo unha ficha sobre o libro contos de ratiños:
Gústanos xogar á loteria.
Algúns venres, na hora de matemáticas, facemos trampa...
En vez de ir a aula tic a facer xogos de matemáticas, quedamos na clase a xogar á lotería.
Agora cantamos nós os números. Gústanos moito, Bingo!!!
En vez de ir a aula tic a facer xogos de matemáticas, quedamos na clase a xogar á lotería.
Agora cantamos nós os números. Gústanos moito, Bingo!!!
Etiquetas:
2º de Primaria,
Competencia matemática,
Contrato programa,
Curso 2012-2013
7 de mar. de 2013
Hoxe toca repasar
Clicade no cartel para entrar nos xogos de matemáticas que practicamos este curso:
E aquí tedes as táboas de multiplicar, para algúns de vós, que tedes moitas gañas de aprendelas:
Etiquetas:
2º de Primaria,
Competencia matemática,
Curso 2012-2013,
Recursos dixitais
5 de mar. de 2013
Este é o que vos falta
O luns fomos á biblioteca a mirar o noso correo. Tiñamos unha mensaxe dos nenos e nenas de 6º de Infantil do EEI Barrionovo da Coruña:
Nel pedíannos axuda para averiguar cal é o home que lles falta na súa árbore da evolución.
Nel pedíannos axuda para averiguar cal é o home que lles falta na súa árbore da evolución.
A nosa resposta vai neste vídeo, pero tamén vos enviamos esta imaxe que fotografiamos do libro "A prehistoria" de Nicholas Harris, editorial Sm.
4 de mar. de 2013
1 de mar. de 2013
Inés del revés
Os nenos e nenas de segundo fan de contacontos para os compañeiros. Eles mesmos escollen o conto. Esta vez Hugo escolleu "Inés del revés":
Etiquetas:
2º de Primaria,
Curso 2012-2013,
Fomento da lectura
Queridos nenos e nenas de 2º
COMO VOS VIVIDES AO LADIÑO DO MAR, GUSTARÍAME APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O MAR.
QUERÉDESME AXUDAR?
PODEDES DICIRME COMO É O FONDO DO MAR?
Etiquetas:
2º de Primaria,
Biblioteca escolar,
Curso 2012-2013,
Proxecto: O mar
Queridos nenos e nenas de 1º
COMO VOS VIVIDES AO LADIÑO DO MAR, GUSTARÍAME APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O MAR.
QUERÉDESME AXUDAR?
PODEDES DICIRME QUE TIPOS DE BARCOS HAI?
Etiquetas:
1º de Primaria,
Biblioteca escolar,
Curso 2012-2013,
Proxecto: O mar
FROITA!!!
En clase de estudo seguimos querendo aprender hábitos para mellorar o coidado do noso corpo. Por iso traballamos a pirámide NAOS na aula de informática e logo na clase. Despois fixemos unha macedonia en clase. Riquísima!
Etiquetas:
2º de Primaria,
Curso 2012-2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas