27 de nov. de 2021

MURAL PARA CONMEMORAR O 25 N

 NO COLE, CONMEMORAMOS O 25N CUN FERMOSO MURAL FEITO POLO ALUMNADO. 


25 de nov. de 2021

25 N "Curemos a violencia"

 Aínda que nos queremos moito, as veces saen da nosa boca verbas que firen, por iso no colexio decidimos facer unha cura chea de agarimos e palabras bonitas.

19 de nov. de 2021

Visita de 1º e 2º ao museo MARCO de Vigo

 

Onte estivemos en Vigo.

Puidemos ver cómo era o Concello e paseamos polas súas rúas. Xa estaban colocadas as luces e estaban colocando os adornos de Nadal. Vimos un precioso carrusel e músicos tocando na rúa.

O museo MARCO está nun edificio moi bonito e a exposición de Din Matamoro " A mirada acesa" está chea de luz e cor. 

Tamén participamos nun obradoira moi chulo no que traballamos coas cores.

Pasámolo pipa!

 

17 de nov. de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. APRENDEMOS PROGRAMACIÓN CON ZOWI NA AULA DE 2º

Na aula de 2º estivemos traballando a linguaxe de programación cos Zowi. Primeiro vimos un video de Zowi bailando para a continuación colocar as nosas tarxetas de movemento nas mesas. Unha vez feito iso, introducimos os movementos na aplicación de Zowi nas tabletas e fixemos bailar os robots ao mesmo ritmo que o video.
Gustounos moito!


 



15 de nov. de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. SPECTACULAR EN 1°

 Nesta sesión, os nenos e nenas traballaron no descubrimento da imaxe dun animal coas pistas que se lle daban e iamos metendo no buscador de Google (traballando así o concepto de palabras clave). Unha vez descuberto o animal, pois pintaron en papel a máscara dese animal e, ao enfocalo coa aplicación QuiverMask nas tabletas e colocarse eles diante, pois a máscara cubría as súas caras. Pareceulles fermosísima!




O magosto

 

Que ricas as castañas do magosto! Pasámolo moi ben nos xogos

2 de nov. de 2021

Samaín en primeiro


Esta semana celebramos o Samaín, o inicio do inverno e a fin das colleitas. O ano novo celta. O alumnado de primeiro preparou, cuanto coas súas familias estes calacús.





 

Excursión a Rialdarca

Pasámolo moi ben nesta excusión! 

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas