Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

2 de xuño de 2026

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

 

5 de xuño de 2025

Festival das Letras Galegas

Agora si, agora xa podedes volver desfrutar das marabillosas actuacións do alumando de primeiro e segundo o día do Festival das Letras Galegas.

7 de xuño de 2024

Actuacións nas Letras Galegas

1º de primaria: "Quero ser cowboy"

 

2º de primaria: "A xente riciños"

27 de maio de 2023

Festival Letras Galegas

1º de primaria: "Piratas"


2º de primaria: "Todo é un conto"

1 de xuño de 2022

Festival das Letras Galegas

Aquí están os vídeos do festival das Letras Galegas 1º cantou e bailou a canción O raposo, do libro Cantos animais de Susa Herrera

   


2º representou o teatro Corre, corre cabaciña, arranxado pola profe Inés

  

21 de maio de 2021

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

 Aquí deixamos as actuacións dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.


1º PRIMARIA: CANCIÓN "CANTO SEI"


2º PRIMARIA: CONTO "A QUE SABE A LÚA"


13 de maio de 2020

Actividades Seminario Galán 2020



Como xa sabemos este ano as celebracións do Día das Letras Galegas aprazáronse para o 31 de outubro.

Será nesa data cando se leven a cabo os actos oficiais que As Letras Galegas dedican á figura de Ricardo Carvalho Calero, filólogo, escritor e mestre. 

Aínda así a RAG quere que o 17 de maio sexa unha celebración colectiva e para iso botaremos man das posibilidades que nos ofrece o mundo dixital. 

Aquí vos deixamos as actividades que coma todos os anos nos ofrece o Seminario Galán:
unha compilación de actividades para infantil e primaria, tarefas interactivas, biografías, carteis e ata un álbum fotográfico.

Podedes seleccionar as que máis vos interesen.

Clicade na imaxe para acceder


http://seminariogalan.org/














4 de maio de 2020

Lingua Galega 1º



Maio mes das letras

Este ano non podemos ter Festival das Letras Galegas, pero non queremos deixar de escoitar as vosas voces recitando en lingua galega.

Practicaredes o recitado do poema de Ana Mª Fernández que vos enviou a vosa titora e gravaredes un pequeno vídeo.

Enviade a gravación antes do 12 de maio, para participar xunto co resto da clase nun recitado colectivo virtual.

Lingua Galega en 2º



Bos días nenas e nenos de 2º!
Benvidas e benvidos a unha nova semana.

Xa estamos en MAIO, MES DAS LETRAS.
Este ano non podemos ter Festival das Letras Galegas, pero non queremos deixar de escoitar as vosas voces recitando en lingua galega.

A actividade deste luns é a seguinte:
  1. Practicade o recitado do refrán que vos enviei ao correo.
  2. Escribídeo nun folio (como faciamos na clase) con letras grandes (repasadas con cores) e decorádeo.
  3. Unha vez feito isto, pedídelle á vosa familia que vos grave recitando o refrán e se queredes podedes ter o debuxo na man.
  4. Enviade a gravación antes do 12 de maio para participar, xunto co resto da clase, nun vídeo no que compartiremos no blog o traballo feito sobre os refráns dos meses do ano.
  5. Ánimo, que seguro que vos sae tan ben coma cando recitabades os refráns polas clases.

3 de xuño de 2019

1º visita a exposición interactiva

A semana pasada as nenas e nenos de 1º visitamos a exposición interactiva sobre Antonio García Teijeiro. 
Gustounos moito!!!






29 de maio de 2018

Visitando a exposición Mª Victoria Moreno

A clase de segundo estivo visitando a exposición sobre Mª Victoria Moreno. É unha exposición interactiva, ademais de ler e ver os traballos de todo o alumnado do cole, precisamos as tablets para ver e escoitar os vídeos que a exposición ten enlazados.

18 de abr. de 2018

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2018


FAI CLIC AQUÍ PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO.


16 de xuño de 2017

O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN POLO ALUMNADO DE 1º CURSO

Os nenos e nenas de 1º, fixeron unha peli coa aplicación TOONTASTIC para Ipad do conto "O can Rin e o lobo Crispín" de Carlos Casares para a exposición interactiva que fixemos no cole. Quedoulles chulísimo!!!
Mirade, mirade!!!!


10 de xuño de 2017

1º VISITA A EXPOSICIÓN INTERACTIVA

Como todos sabedes, este ano a exposición sobre Carlos Casares ten contidos en realidade aumentada. Para velos, temos que ter a aplicación Aurasma descargada nos nosos dispositivos móbiles. 
O alumnado de primeiro, acompañado polos maiores do cole, estiveron vendo a exposición cos Ipad e gustoulles moito.




28 de maio de 2017

Festival Letras Galegas 2017

Aquí temos os vídeos das Letras Galegas. Grazas a Xosé Villaverde "Villa", avó de Claudia que colaborou con nós facendo as fotos e vídeos do festival.




11 de maio de 2017

Contacontos IES Carlos Casares

Hoxe aprendemos un pouco máis de Carlos Casares, o escritor das Letras Galegas 2017.
Viñeron ao cole un grupo de alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo que investigaran moito sobre o escritor, tanto que lle deron no curso pasado un premio de Innovación en Normalización Lingüística .
Contáronnos un conto e xogamos a dous xogos on line que eles crearon coa axuda das súas profes.
Pasámolo moi ben, foi moi divertido ver como saían os personaxes de Casares no quebracabezas e na oca.
Moitas grazas Rubén, Lucía e Marta , e tamén ás profes Enma e Bea!!!!




9 de maio de 2017

O instituto fixonos unha visita!

Como ben sabedes, este ano adícaselle o día das Letras Galegas a Carlos Casares. Co gallo de ensinarnos un pouco máis sobre este autos o alumnado do IES Carlos Casares viñeron ao cole a compartir un momento con nos.

Xogamos en liña cos aplicacións que eles mesmos crearon. Podédelas atopar no seguinte enlace:
https://galaxiacasares.wordpress.com/










Tamén nos enseñaron unha canción que nos encantou!


27 de abr. de 2017

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2017

DEIXÁMOSVOS AS ACTIVIDADES SOBRE A BIOGRAFÍA DE CARLOS CASARES.




8 de xuño de 2016

Vídeos do Festival das Letras Galegas

Aquí vos deixamos os vídeos das actaución que se fixeron no festival das Letras Galegas. Queremos dar grazas a Roberto, o paid e Aarón de 6º de Infantil, por gravar o evento e facelo tan ben!
















6 de xuño de 2016

O alumnado visita a exposición interactiva sobre Manuel María

O alumnado está entusiasmado co traballo que fixeron referido á exposición interactiva sobre Manuel María. Estiveron visitándoa e quedaron encantados!


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas