Como xa sabemos este ano as celebracións do Día das Letras Galegas aprazáronse para o 31 de outubro.
Será nesa data cando se leven a cabo os actos oficiais que As Letras Galegas dedican á figura de Ricardo Carvalho Calero, filólogo, escritor e mestre.
Aínda así a RAG quere que o 17 de maio sexa unha celebración colectiva e para iso botaremos man das posibilidades que nos ofrece o mundo dixital.
Aquí vos deixamos as actividades que coma todos os anos nos ofrece o Seminario Galán:
unha compilación de actividades para infantil e primaria, tarefas interactivas, biografías, carteis e ata un álbum fotográfico.
Podedes seleccionar as que máis vos interesen.
Clicade na imaxe para acceder
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios