Bos días nenas e nenos de 2º!
Benvidas e benvidos a unha nova semana.
Xa estamos en MAIO, MES DAS LETRAS.
Benvidas e benvidos a unha nova semana.
Xa estamos en MAIO, MES DAS LETRAS.
Este ano non podemos ter Festival das Letras Galegas, pero non queremos deixar de escoitar as vosas voces recitando en lingua galega.
A actividade deste luns é a seguinte:
- Practicade o recitado do refrán que vos enviei ao correo.
- Escribídeo nun folio (como faciamos na clase) con letras grandes (repasadas con cores) e decorádeo.
- Unha vez feito isto, pedídelle á vosa familia que vos grave recitando o refrán e se queredes podedes ter o debuxo na man.
- Enviade a gravación antes do 12 de maio para participar, xunto co resto da clase, nun vídeo no que compartiremos no blog o traballo feito sobre os refráns dos meses do ano.
- Ánimo, que seguro que vos sae tan ben coma cando recitabades os refráns polas clases.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios