Que entretidos estivemos solucionando unha serie de pistas que Diodi nos enviou para abrir o cadeado da maleta na que ven gardado todo o material co que estamos traballando en clase.
Tivemos que descubrir os catro números solucionando unha serie de retos (coordenadas nun mapa, unha adiviña, papiroflexia e un quebracabezas). Unha vez aberta a maleta, entre outras cousas, atopamos os Merge Cube, cos que estivemos xogando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios