Que traballo tan fermoso fixo o alumnado de 1º coa impresora 3D. Imprimiron o seu nome e fixeron un chaveiro con el. Deseñaron nun papel un recadro coas medidas que querían que tivese o seu nome, escribiron no programa Tinkercad poñendo as medidas que tiña que ter o nome e, posteriormente, pasaron á impresora para ver o resultado do que diseñaron.
Cando xa estiveron todos os nomes impresos, foron pola biblioteca a recollelos para levalos para casa.
Parabéns por este marabilloso traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios