Hai pouco máis dunha semana as clases de 1º e 2º fixemos unha viaxe moi interesante,pois descubrimos as marabillosas vistas da ría de Vigo dende o Castro e coñecemos para que o utilizaban os antigos castrexos.
Despois da merenda no parque, dirixímonos a Naturnova onde estivemos, por exemplo, mergullándonos nun submarino para coñecer a vida nas profundidades da nosa ría; descubrindo os planetas ou coñecendo moitas curiosidades sobre as abellas e outros insectos.
Aquí vos deixamos algunhas fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios