Hoxe as nenas e nenos de 2º saímos a primeira hora ao colexio de Abelendo porque teñen instalado un planetario no ximnasio.
Fomos andando polos camiños entre as casas e tivemos que subir unha boa costa!
Ao chegar esperamos un pouquiño xogando.
Nun dos muros do colexio tiñan un debuxo de Rosalía de Castro cunha das súas poesías.
Puidemos entrar no planetario cando estaba preparado.
Encantounos!!
Á saída xogamos outro pouco no patio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios