26 de maio de 2020

Ciencias Naturais 1º e 2º



Está chegando o verán e nos mercados xa temos unha chea de froitas.

Esta semana imos dedicar martes e mércores a traballar sobre estes alimentos.

Hoxe propoñémosvos que investiguedes sobre:
 "A MIÑA FROITA FAVORITA".

Podedes seguir este guión:
  1. Nome da froita
  2. Lugar de procedencia ou orixe
  3. Tamaño, cor, forma, sabor…
  4. De que temporada é 
  5. Propiedades ou beneficios que nos aporta



Facede o traballo nun folio ou cartolina A4.

Podedes usar o programa que queirades ou facelo manualmente e engadir imaxes desa froita.

Mandádenos ao longo desta semana unha foto da tarefa ao correo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas