27 de maio de 2020

Lingua Galega 1º e 2º

Bos días 1º e 2º!

A partires de agora teredes os mércores unha actividade de lingua galega e deixaremos lingua castelá para os luns.
Esta mañá  tócavos escribir unha receita con froitas.

As opcións son varias:
  1. Poden ser pratos decorados con diferentes froitas 
  2. Pode ser unha espetada de froitas
  3. Pode ser unha receita que leve algúns tipos de froita e outros ingredientes
  4. Pode ser unha ensalada con froitas
  5. Pode ser unha sobremesa que leve froitas
  6. Calquera outra idea que teñades para cociñar coas froitas 
A tarefa podédela facer manualmente ou no programa que queirades usando un tamaño A4.
O formato da receita pode ser algo así




 

Agardamos as vosas fotos no correo.
Dámosvos de prazo ata o vindeiro mércores porque tamén tedes actividade de plástica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas