9 de xuño de 2020

Ciencias Naturais en 1º e 2º

Bos días nenas e nenos!

Esta mañá en Ciencias Naturais:
"COIDAMOS O NOSO ENTORNO"
En primeiro lugar imos ver este vídeo para coñecer a un investigador mariño chamado 
JACQUES COUSTEAU

  Premede no enlace para ver o vídeo
https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/lunnis-leyenda-jacques-cousteau/4789304/

Despois de ver este vídeo deberedes:
  1. Elaborar un traballo titulado "COIDAMOS O NOSO ENTORNO" no que nos contedes que podedes facer vós para coidar o entorno e non contaminalo.
  2. Pensade que podedes facer desde a vosa casa, desde o colexio , cando ides  mercar, cando ides á praia, ao monte, ao parque,...
  3. Como mínimo deberedes aportar cinco ideas para coidar o entorno.
  4. É importante que escribades a idea e a acompañedes dun debuxo ou imaxe..
  5. Plasmade o traballo nun papel A4. 
  6. Podedes facelo á man ou nun programa de ordenador .
  7. Este vídeo, que vos deixamos a continuación, poderavos guiar no voso  traballo, pero seguro que vós tedes moi boas ideas. 
  8. Enviádenos foto ao longo desta semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas